POESIA NA FRAGA......(IV ENCONTRO DE POETAS POLA FRAGA DE CATASOS -CASAS VELLAS)-LALIN












Vou dar piublicaciòn progresivamente os poemas e poetas que o pasado dia oito de Novembre, reunimonos na fermosisima Fragade Catasos, Casas Vellas-Lalin, co unico interese de deixar as nosas palabras no ar, pola defensa e posta en valor do noso patrimonio natural, contra a expoliacion e o imperialismo dos cartos doados, os intereses particulares, ainda que sexa en contra do ben comun, contra a previsible tala que vaia acometer Union Fenosa, para dar paso a asua Linea de Alta Tensiòn, se nos e todolos colectivos implicados no o impedimos.
O acto encadraso dentro dos encontros, este foi o IV, de poetas e escritores, que un bo dia fai case que dous anos reunimos en Melide, co unico fin de facer poesia, e goazar da conversa doce entre amigos, logo o segundo encontro tivo lugar nos Pendellos de Agolada, no mes de Novbreo. posteiromente acolleronos no areal de Barres, na Estrada os amigos da asociacion cultural Vagalume e finalmente o Domingo oito, tivemos a sorte de deixar os bnosos versos para sempre, no seo da Fraga Bonita........Desta volta dou inicio a publicaciòn dos catro primeiros poetas da serie de vinte que participaron no evento.






 CRISTINA GENDE
espidas

as árbores

sen pudor amosan o seu corpo nú

belo e firme

dos frios precedidos

dos ventos

arrincándolle as saias

canta fermosura!

en tanto baleiro....

                                                           Cristina Gende.


ROMINA BAL.



Hai non moi lonxe daquí,
unha viga mestra que renxe,
un mastro que voga
madeira rexa que súa.

Guindan urros ao vento,
chaman por nós cómplices,
recordan carqueixas que sonhan,
folhas estradas,
landras amputadas das súas ponlas.

Entre inmensidade perpendicular de Catasós pódome sentir cativa,
insignificante,
satisfeita de identidade,
participe dun pasado glorioso,
podo lembrar comunidade, trabalho duro, mans enxoitas,
carros ateigados de estrume.....
... podo berrar liberdade.

Romina Bal

              

  

DAVID OTERO

(“ …e así falo en nome dos meus versos para que as palabras se coroen todas elas amorosas”)


CATASÓS…multiplicadora de alborexares
horizonte que non afrouxa
color perfecta de enxoval
acariño que che darmos
paso a paso
…e cando as sombras se debuxen
abrazadas elas polas luzadas
agromarán os bos compases
a sorrisos irmandados
bico a bico
…rexistraremos soños respirando músicas
das fileiras emerxentes, marabillas,
bradando así as verdades ancoradas
e que nos calan…
vida a vida.
david otero, a poco do celebrar as letras a Manuel María por MMXVI.

LUZ PICHEL

dentro da fraga dormen os bichos
debaixo das pedras dormen os bichos
na póla do carballo dormen os bichos
sobre da grada do galiñeiro dormen os bichos
en xergóns de folla de mazaroca dormen os bichos       
choran        piden leite
pronto se abrirá a veda       
sairán os cazadores         con moitos cans
Luz Pichel.
Añadir leyenda

Comentarios

Entradas populares