SEGREDOS DO CORAZON.
SEGREDOS DO CORAZON. Todo o mundo garda no seu corazón segredos inconfesables, dos que desconfiamos, aínda que tamén hai que recoñecer que non sempre estes segredos se agochan no mais profundo de nos con ánimo de mentir ou enganar ou por vergoña. O que nos fai afines e fieis a unha persoa é compartir eses segredos inconfesables, abrir o noso corazón a quen amamos e do que nos sentimos amado, deste xeito depositamos a nosa confianza nel e nos entregamos, quizais por iso doe tanto sentirse traizoado, porque sabemos que o traidor posúe algo de nos, que é moi íntimo e persoal e nos sentimos frustrados por ter amado a esa persoa. O cabo dos anos, pouco sei e aínda moito me queda por aprender. Poucas certezas quedan en pé despois de tantos desenganos e teño por certo que nunca me sentín tan feliz como cando compartía os meus silencios, unha tarde calquera de outono, con aqueles que amaba en segredo, intima, inocente e dolorosamente. Alí, sentados sobre una pedra xunto do río, baixo as ar...