AGORA QUE ESTOU A PIQUES DE CUMPRIR SETENTA ANOS DE VIDA.

Agora que estou a piques de cumprir setenta anos de vida, tan so dentro duns días, quero facer reconto daquel ano, o meu ano " O ANO DAS LUCES", no que din as malas linguas que foi no que abrin os ollos a vida, entre os dolores naturais do parte da miña nai, pobriña, o que tivo que aguantar pola miña culpa toda a súa vida¡. Estamos logo no ano 1956, e mais concretamente na tardiña do día Cinco de Outubro. Na badía de Cadiz, a carón das salgadas e frías augas do Atlantico, alí onde o Mediterraneo quere pero non pode co océano. O Porto de Santa Maria, terra de poetas e viños de jerez. A verdade é que todo o que Eu sei daquela,o sei porque mo contaron. Vivir,o que se din vivir, vivilo, pero claro Eu era moi pequeno, e non recordo nada. O parecer cheguei a este mundo de cu, así me ten ido dende entón, o peor é que sigo do mesmo xeito, de cu , sempre contra corrente, e costa abaixo. Non lle hai que facer. Alí soíños, a miña nai e mais eu, ela empeñada en que saíra, e eu que non tiña nin puñetera gañas de saír a pelexar co dichoso mundo, e deixar o seu ventre tan quentiño e a gusto como me atopaba nel, pasamos un mal trago, e mesmo poderíase dicir sen medo a exaxerar, que algunha das monxas con aquelas cofias tan de carnaval, que se gastaban antes, enormes sobre as cabeciñas tan pequerrechiñas, non daban un peso por aquela cousa esmirrada, arrugada e berrona que acababan de sacar de entre as pernas da nai. Aquela cousa era Eu.
E como tiña, o parecer tamén, daquela outra cousa, que non se nomea, porque é pecado, mais parecida a unha morcilla resesa, ca un atributo masculino, entre as pernas, e case invisible polo cativo, dixéronlle a miña nai que era neno, aínda que elas mesmas tiñan serias dúbidas, e mesmo a Sor Rosario, doulle en recitar aquel poema de Quevedo: “ Érase un hombre a unha nariz pegado.....”, neste caso a unhas orellas, mais parecidas as de Dumbo, que nada. Tan foi así,e non exaxero nada, que miña nai durante anos, mas pegaba con esparadrapo, para ver se así no seguían medrando, e quedaban algo mais recollidas na cabeza. Vano intento, aínda hoxe ando sobrado delas, e mira ti que para lo que me serven; xordo como unha tapia. Eu digo que discrimino os sons, e escoito o que realmente me interesa, pero non é verdade da boa, creanme. Cousas da vida.
Pois a ver, estaba a contarvos,que cheguei por fin, un dia cinco de Outubro, case seis, xa que a noite era avanzada de mais, e estaba a piques de rematar o dia, e que a pesaren de que a xente din, que os rapaces traen un pan debaixo do brazo, a verdade foi que Eu so trouxen fame, pero nada para xantar, o pan debín estragalo polo camiño. Quen sabe, xa dixen antes que Eu fora moi pequeno, entón, e non recordo nada daquela. Tamén sei que por aquel entón a xente tiña os nenos, ben a xente mulleres claro, sempre foi a si, nunca escoitei dun home que fora nai. ¿Algún de vos si?. Pois, si, as mulleres parían na casa, pero miña nai foi a unha especie de hospital, entón o chamaban a Casa de Socorro, non sei porque o mellor e que a dona chamábase así. A Sra.Socorro, pero non estou moi seguro de que fora por iso. O caso foi que alí as enfermeiras eran monxas, todas elas, de bastante mal xenio, e pouca paciencia cas mulleres, cando berraban polas contraccións e dores propios do parto, e todo aquilo resultaba bastante frustrante, e violento para a nai, non che digo nada para o pobre rapaciño, que chegaba, pasaba por alí sacaba a cachola e escoitaba, berros, gritos, insultos, vía sangue por todos lados, e unha xente moi raramente vestida cuns mandilóns de pano que nalgún tempo debeu ser branco, pero que xa facía ben del perdera o tinxe. E claro,a ver quen era o valente que saia. Mariquita o ultimo, ....
En fin naquela casa de socorro, pasei os primeiros e mais felices días da miña infancia, entre a teta da miña nai, e as cacheadas das bruxas das monxas, no cu, cada vez que tiñan que cambiarme os cueiros porque estaba cagado, lo que o parecer non lles gustaba nada. E curioso, do meu Pai, non recordo nada, seguramente estaba traballando. Meu pai sempre estaba traballando. Se me preguntaran que recordos tes do teu pai, non sabería que dicir, so que sempre estaba no traballo,naquel despacho tan grande, de sofás de coiro, que as veces Eu oulisqueaba cando ninguén me vía, porque me cheiraban a perfume de auga de lavanda. O mais seguro e que se decatou de que xa nacera, cando cheguei por alá e díxenlle: Ei, hola papa, mira que xa nacín, que tes outro fillo. E seguramente meu pai, respondeume; home, pois moi ben mira que és guapo, e louro.Anda,colle un papel, sinta hai e fai unhas liñas de caligrafía neste caderno de rubio.. Si,si, xa sei que exaxero, pero tampouco debeu cambiar moito, o xeito de que Eu nacera, para o meu pai. Sempre dixo que Eu non era fillo del, se non dun Sarxento Americano Negro da base de Rota, que estaba por alí cerca, e que sei roldaba a miña nai. Quen sabe o mellor si. Aínda que del dende logo non herdei nada, nin sequera a facilidade para o idioma, porque a min isto do Inglés sígueme a soar a chino.
Aquel foi un ano especial, sen dúbida. A primeira das razóns,é evidente, nacín Eu, pero aparte desta efeméride, tan significativa na historia do mundo mundial, ocorreron un par de cousiñas, dignas de reseñar, aínda que Eu daquela non souben nada de nada, ia a ser co paso do tempo, o cabo dos anos, cando me fun poñendo o dia. Xa se sabe que naqueles tempos a censura era férrea. A lei de prensa impedía a liberdade de expresión, reunión e opinión. Os fueros dos Españois, as Leis fundamentais do Movimiento, o Dios, Patria e Rei, aínda que isto do rei ten moito que matizar, pero o deixo para outro conto, era o lema nacional, e o¡Viva Cristo Rei ¡, o Santo e siña da xente de ben e orden. Xente humilde, sumise e calada, de Si señor, e punto en boca. De Falanxe, OJE (Fronte de Xuventude, ou mesmo Organización xuvenil española), do Servizo social obrigatorio para a muller, e a “mili”,o servizo militar no quinto carallo, canto mais lonxe da túa terra mellor, no caso dos homes, e probe do que se negase, daquela non existía a posibilidade de alegar oxecciòn de conciencia, xa que ias de cachola o trullo de por vida. Cousas daquela Democracia Orgánica, como a chamaban.
Eran tempos nos que so había dúas clases, os Señoritos e os traballadores. Nas casas as mulleres, ocupábanse todo o dia dos fillos, e o marido. O deber conxugal era o santa santorum dos demos de sotana; e a sabedoría popular, coa san sorna de sempre recitaba pola calada, e de baixini: Tanto cura de bonete, onde diabros a mete. Eran tempos de castidad, de ayuno e penitencia de Venres Santo, e Rosario, de Misa os Domingos e festas de gardar. De lei e orden, impartida ca mao férrea do TOP (tribunal de Orden Publico), que aplicaba a Lei de vagos e maleantes a calquera que non puidera acreditar un traballo aínda que fora de escravo. Foron tempos nos que os exiliados aínda choraban dende lonxe, a terra perdida, nunha guerra fraticida nunca esquecida, no medo e a vinganza, pola sangue derramada tan inxustamente, dos mortos, que chamaban por todos nos dende o mais alá. Foron tempos nos que a Igrexa, as dos pobres, os perseguidos, os mansos, os puros de corazón, os benaventurados, dos ensinos de Xesús, recollidas nos evanxelios, cos que os irmáns, arreábanos labazadas, por no saber os dez mandamentos, ou os pecados capitais, e te daban palmeadas nos dedos das mans, mentres saian en procesión levando baixo palio o xeneralísimo dos exércitos, caudillo das Españas vitoriosas, de Isabel y Fernando, el espírito impera, moriremos besando la sagrada bandera....... E o famoso brazo incorrupto de Santa Teresa.
Tempos escuros, de moito frío, dentro e fora, de fame e miseria, de traballar a reo, e non queixarse de nada. Tempos de calar, tempos de silencio. Aquel ano de 1956, no que Eu abrín os ollos, por primeira vez, na terra de Rafael Alberti, o de Marinero en Tierra, no Puerto de Santa Maria, as Campás dobraban a morto por tantos e tantos como sementaron e ían seguir sementando os campos de Castilla, en suor e bagoas, de sangue en fame de morriña, segando infinitos campos de trigo, na esperanza dunha vida mellor, alá na casa. Galiza da longa noite de pedra, mala nai, que obrigaba os seus fillos a deixala de emigración, na procura da bonanza no xornal, pra levar o pan e o futuro os fillos que agardaban. Tempos nos que aquelas cantigas de Rosalía nos falaban do que seguiamos a ser como pobo : Castellanos de Castilla, tratade ben ós gallegos, cando van, van como rosas; cando véná vén como negros.
Foron tempos xa esquecidos;¡ mellor deixala¡. Naquel ano do 1956, levou o Óscar a mellor película “La vuelta al mundo en ochenta dias, do director Michael Anderson, interpretada por David Niven e Mario Moreno Cantinflas. e quedaron como nomeadas, entre as mais importantes: La gran prueba, Gigante, de George Stevens, con Rock Hudson- a primeira vítima famosa, da praga do século XX, o SIDA, a marabillosa Elizabeth Taylor, e o misterioso inconformista James Dean, que morreu tal e como viviu na gran pantalla interpretando aqueles papeis de xoves rebeldes, solitario na procura do amor da familia, sempre sen atopar acougo. El Rey y Yo, o los Diez Mandamientos. O Moby Dick, do xenio da ficcion, John Huston con Gregory Peck, como capitán Ahab, coa súa pata de pau, e o desexo de vinganza na anima, contra o fantasma da gran balea branca. ¿Quen non as recordas?. Magnificas producións, cinematográficas, capaces de deixar colgado da gran pantalla a imaxinación de grandes e pequenos. A gran fabrica de sonos de Holliwood, en Estados Unidos, nos mellores anos da súa historia.
En literatura, e entre os libros mais importantes, souriñar ; Adonis y el Alfabeto, de Aldous Huxley, que antes escribira o Mundo Feliz, premonitorio dos nosos tempos actuais. Del amanecer y el despertar, de Jorge Guillen, Carretera intermedia de Mercedes Salisachs, ou a novela A fuego lento, de Raùl Grien, entre outros moitos. Teño que recoñecer que non foi un bo ano na colleita literaria, mais ben pobre. Na universidade, por suposto a Complutense de Madrid, que viña representar a imaxe do Pais. Un Pais en orden, e en paz, como eles querían, sen disidencia, nin opinións, por descontado no que non cabía quen non fora afín, e fiel ó réxime, cos xuramento dos fueros, con carné e sen macula politicamente falando, no caso contrario xa se sabia cal ia ser o seu destino, a ignonimia de verse privado da cátedra, e posibilidade de exercicio da docencia, tal e como sucedeu con Tierno Galvan, Aranguren, e tantos outros. Pois naquel ano, preludio do que seria o Maio do sesenta e oito en Francia, ca toma da Universidade da Sorbona, e o peche do barrio latino, as autoridades gobernativas, pechaban as Facultades,nos primeiros días do mes de Febreiro, o desencadéante da creses, foi que trala morte o 18 de Outubro do 55, do filosofo Ortega e Gasset, e cando un grupo de universitarios da entonces Universidad Central, decidiran organizar unha homenaxe o filosofo liberal,as autoridades Franquistas temerosas dos derroteros que aquilo podían tomar, prohibiron o acto, que contaba ca autorización de Pedro Lain Entralgo, a sazón Reitor magnifico da universidade. O un de Febreiro, do 1956 se repartiu entre os estudantes un manifesto, no que se chamaba a un Congreso Nacional de Estudantes, intento do poñer fin o sindicato encargado de asentar os principios ideolóxicos nacional socialistas- o fascio franquista, na universidade.
Con fecha sete, Jesus Gaym xefe do SEU, suspendeu as eleccións, e foi expulsado polos propios alumnos, que parten en manifestación cara o Ministerio de Educación. Os enfrontamentos cos falanxistas nas rúas de Madrid, deste mesmo dia, e do dia 9, leva o Goberna a decretar o peche da universidade, e a dimisión de Pedro Lain Entralgo. Estes feitos,marcaron a ruptura definitiva entre o mundo universitario o réxime Franquista, e a longa serie do proceso de desleximización da ditadura militar en España. Imos ver, ¿Que mais ocorreu neste glorioso ano do meu aparecer neste planeta ?. Pois mirade, como non podía ser menos, tivemos un terremoto en Granada, concretamente en Atarfe-Albolote, o 19 de Abril, que foi un dos mais importantes do século XX. Empezou as 18 horas, e 38 minutos, e provocou o pánico nunha amplía zona, comprendida entre a Serra de Elvira e Granada “la vella, terra da moreria, con sus dos mil quinientas tabernas y una sola librería “, na que sempre recordarei os verbas da nai de Boadil o Chico, ultimo rei moro, do reino Alhauí: “Non chores como muller o que non soubestes defender como home”.
O dia seguinte a prensa recollía as novas do terremoto, así como a destrución case total das poboacións de Atarfe e Albolote, na Vega Granadina, moi afectadas quedarían Santa Fe, onde os Reis Católicos, recolleran as chaves da Cidade, trala rendición do rei moro. Terras veciñas das de Fuentevaqueros, onde nacera o meu admirado Federico. O mais grande poeta da historia deste ingrato Pais. Tan enorme poeta, como home bo. Asasinado, un mais, pola envexa, a luxuria do poder das pistolas e a insensatez desta guerra civil nosa. As perdas humanas, foran de sete persoas, y cinco mais, debido a un deslizamento de terras xunto o Beiro en Granada, no Sacromonte, debido ó afundimento dunha cova xunto o camiño da Caseria de Montijo, na cova vivían un matrimonio e os seus tres fillos, que morreran. Posteriormente o longo das semanas, houberan varias replicas que non fixeron senón aumentar os danos materiais e vítimas mortais. Aquel terremoto de epicentro en Albolote, alcanzara unha intensidade de VII grados, e tendo en conta a elevada demografía da zona, e a calidade das construcións da época, foi unha milagre, o escaso numero de vítimas.
Meses despois outro feito digno de reseña, foi recollido tamén nos xornais da época. Mais ou menos a nova, publicada nas crónicas de sociedade, o cotilleo oficial nunha pequena vila como el Puerto, rezaba así: Na Igrexa Maior Prioral, recibiu as augas bautismais o segundo fillo do noso bo amigo D. Manuel Utrera. O neonato foi bautizado co nome de Angel Luis Placido, e como padriño que o acolle no seo da Santa madre igrexa, exerceu,....As nosas felicitacións mais efusivas a nai, etc.etc. A verdade é que daquel feito, que debeu de marcar o meu futuro, sen dubida algunha, porque supoñía deixar der ser carne de limbo, para ingresar como membro de pleno dereito na igrexa cristián, non gardo recordo de ningún tipo, tampouco ningunha foto, aínda que estou certo que habelas as tivo que haber, xa que meu pai foi sempre moi aficionado a fotografía, posiblemente del herdei esta obsesión miña, e sempre chamaba a algún fotografo de estudio, de aqueles de cabalete, e manguitos negros cubrindo as mangas da chaqueta, e chapeu, pero lamentablemente se perderon, para sempre. Segundo a tradición, despois do acto propiamente dito, do recibir as augas,os amigos, familia e convidados, ían a casa a tomar un chocolate con pasteis; o presuposto dos meus pais non daba para mais. Naqueles días resultaba impensable, este ágapes de hoxe en dia, mariscos incluídos.. E Eu, durmía placidamente sen decatarme de nada,na cuna, despois dunha boa enchente do leite quentiña da teta da mamá.
¡Foran outros tempos¡ Mais cousas, pois vexamos, así de xeito rápido. En Xaneiro: Sudan se independiza do Reino Unido. Pekin e Moscù inaguran o ferrocarril que vai de Ulan Bator, a IRkutsk. No Ecuador, cinco misioneros evanxélicos son asasinados polos indios huaorani, no río Curaray. Estados Unidos manifesta a súa disposición favorable a entrada de España na Organización do Tratado do Atlántico Norte, si isa mesma; A OTAN, na que moitos anos despois nos meteu o goberno Socialista de D.Felipe Gonzalez Marques, curioso ¿Verdade?. O un de Febreiro, Europa padece unha autentica ola de frío polar. O Goberno comunista de Mao, na China nacionalista, procedeu as expropiacións, e colectivización das fabricas e empresas e a abolición da propiedade privada. O 25 deste mes, na desaparecida URSS, Nikita Jruschov, pronuncia durante a celebración do XX congreso do PCUS, o seu famoso discurso secreto, no que criticaba o culto ata entón prestado a figura do ditador e sanguinario líder da revolución Soviética, Stalin. Mais cousas; pois a independencia de Marrocos, e Tunez, da Francia Republicana do Xeneral Degaulle, despois dun autentico baño de sangue e atentados suicidas. A voda mais famosa da época, a da actriz Grace Kelly co monarca do Principado de Mónaco, Rainiero. Outra voda famosa, a da nosa musa erótica, tan desexada como mitificada, Marilin, pero non a de Herta Franlin, aquela ventrílocua xenial da cadeliña, e tele en branco e negro, con Franz Yoham, non estou a falar da Marilin universal, a Monroe, aquela que empezou posando como Deus a trouxo o mundo, claro que uns anos despois,e con mais curvas das que tiña cando nacera, para os calendarios da época, que tódolos camioneiros, tiñan colgados no interior das guanteras dos coches, e que dicía que ela para durmir, so se puxera unhas gotiñas de Chanel num.5, e que casou co dramaturgo Arthur Miller. E non sei, que mais, pois por exemplo no mes de Outubro dez días despois do meu nacemento, Fidel, o ínclito Cubano, e o mais recordado dos Che, Ernesto Guevara, parten de Tuxpan en Mexico, cara a Santiago de Cuba a bordo do Granma con 82 homes, iniciándose a que ia ser revolución Cubana, que foi o comezo do cambio do mundo a división en dous bloques, a o inicio da Guerra Fría, que habería de incrementarse trala entrada dos tanques do pacto de Varsovia nas rúas de Hungría, sometendo os tímidos intentos de revolución e desexos de liberdade dos Hungaros, aquel 26 de Outubro. E por certo que uns días despois, o 28 dende os estudios da rúa da Habana en Madrid, a nosa televisión, a televisión Española, iniciaba a súa andaina, coa carta de axuste, e o himno nacional.
No Deporte, foi o ano dos xogos Olímpicos en Melbourne, Australia, España cero medallas. O Real Madrid, como case sempre, volve a gañar a copa de Europa, o rei Pele, fai o seu debut co seu equipo de toda a vida, O Santos de Brasil. Elvis Presley desata a loucura, cos seus ritmos desenfreados, movementos de cadeira, e o tema Tutti Frutti, éxito do ano. Se crea o festival de Eurovision, o mesmo no que o ano pasado fixo o ridículo mais autentico o noso representante, con aquela facha de canción; En fin, como remate, non se pode falar de Ciencias ou investigación, xa que no noso pais non existía tal posibilidade, e a fugas de cerebros era algo tan cotián, como segue a ser hoxe en dia, unicamente o profesor Claudia Sanchez Albornoz, resistía contra vento e marea, mais so ca unha. Menudo chollo de ano, fun a escoller pra nacer se o sei non veño, vaia por Deus.
¿E que me din da manía pola brancura da roupa e da limpeza no fogar?. Calquera diría que ata entón, a xente era porca de mais, porque de súpeto nos xornais e sobre todo na radio, a mellor compañeira das amas de casa daquel entón, que era o 99,9 por cen das mulleres, xa que moi poucas delas traballaban fora da casa, e case sempre eran consideradas fracasadas, solteironas, sen marido nin fillos; o fin primeiro da muller o destino certo e sagrado, o matrimonio, sen dubida algunha a meta a alcanzar,antes de que os anos da xuventude pasaran e caeras no que irremediablemente xa era definido como solteira. E resulta que ademais as mulleres eran menos que débiles mentais, non podemos esquecer, que ata moitos anos despois, non tiña nin capacidade xurídica, autónoma, mesmo para abrir unha conta nun banco, precisaban da autorización do marido, se estaban casadas, ou do pai, se como solteiras, continuaban baixa a súa patria potestade. Así que o seu fin vital terminaba e empezaba na familia, o conxugue e a prole. Por iso non resultaba difícil entender como os programas de mais éxito da radio, foran os de as radionovelas, os programas de consulta sentimentais, e consellos, mais ou menos rosas, patrocinados por empresas de produtos de limpeza, de beleza, ou cosmética, xa sabedes. Xabón Lagarto, o lavado perfecto. Omo: Eu tamén me cambiei a Omo e a miña colada está dende entón mais branca...Deterxente Persil, lava por si so. Slogans que soaban unha e outra vez o través das ondas dos aparatos de radio, nas cociñas, case sempre, das casas. Outro dos meus recordos, evidentemente xa cando deixara o peito da miña nai, o vaso co Colacao, alimento de la xuventude..... Es el Colacoa desayuno y merienda..¿recordan a canción?...... Lo toma el futbolista para meter goles, tambien lo toman los buenos nadadores, si lo toma el ciclista se hace el amo de la pista, si lo toma el boxeador, ¡Pom¡¡Pom¡, golpea con gran primor..... E como non o Eko, chocolate instantáneo para tomar con leche, que por suposto era en polvo, se disolvía en auga, e despois lle botabas unha culleriña o dúas do Eko. E como ia a deixar esquecido neste capitulo da publicidade produtos capaces de deixar a súa impronta para sempre nos meus recordos, como o Lilimento Sloan, o do tío dos bigotes, aínda conservo na miña puipitaria gravado o seu potente olor, característico. Ou a auga mineral purgante “Auga Fita de Santa Fe”. O mesmo servía para o fígado, que para o reumatismo, o estreñimiento, as hemorroides, obesidade o problemas de pel. Axudaba a prolongar a vida sen enfermidades, dicía a publicidade. O Ceregumil, alimento vexetal completo. Xa empezaba a despuntar a alimentación naturista, e vexetariana. Os polvos de talco, o Borotalco de Ausonia, para os cuiños sans e secos dos bebes. Deste ten moi bos recordos o meu.
E ¿que me din do Fundador, o coñac de España, e o seu disco sorpresa?. Do Anis del Mono, desde 1870, unha copa despois de comer,resulta exquisita e dixestiva. A Mirinda, bebida refrescante, laranxa ou limón, con cada gota mais sabor. A gaseosa a Casera. O leite condensada, A Lechera, os chicles Bazoka, ...Sempre na boca, -“Este si que masca ben, non perde sabor, e dura canto queres.” E dos zapatos Gorilas, que duran e visten, ¿Quen non tivo uns daqueles zapatos para ir o colexio no inverno, e as sandalias no verao...? E xa que falo do colexio, como ia a esquecer aquelas enciclopedias de nenos e nenas, de Alvarez, a Enciclopedia do parvuliño, o Catón o novo e o moderno, os cadernos de caligrafía de Álvarez, o libro de España, e tamén o Sistema Onomatopeipico de enseñanza, e a Cartilla Silabario do Español. En fin amigos, remato, sen esquecerme de que no meu ano, o 1956, foi tamén o da regulación ca publicación no BOE, do Decreto Lei 326/56, polo que se regulaba oficialmente o que ata entón existira de feito, non legalizado; O Servizo Domestico, as famosas CHACHAS, acadaron dende aquel entón, uns mínimos dereitos,polo traballo desenvolvido no fogar dos demais, como traballadoras, no futuro chamaríanse; Emplexadas domesticas, o emplexadas do fogar. E no mundo, pois como sempre, con algunha que outra guerra por aquí e por ala. Israel, que so tiña naqueles días, uns anos de existencia como Estado, oito concretamente, xa empezaba a aplicar a súa famosa lei do Talión, Ollo por Ollo, e dente por dente, do que temos hoxe en dia probas mais que evidentes, e xa naquel ano, co seu primeiro ministro David Ben Gurion, heroe da guerra da independencia contra os Británicos, iniciara as primeiras incursións contra os seus veciños árabes.
A guerra do Sinai, non facía senón comezar, hoxe en dia, rematou a guerra pero non acadaron a paz. O detonante fora o peche do canal de Suez,por parte de Exipto. Tamén andaban a tiros, pola Arxentina do Xeneral Perón, tan fiel amigo de Franco, que por aqueles días andaba no exilio, despois da morte da súa muller, Edita. A da canción, “Non chores por mi Arxentina”, cuxo cadáver por certo, sufriu un rocambolesco secuestro, da sede da CGT, onde reposaba embalsamado. Os levantamentos populares ocorreron o dia 9 de Xuño, entre as 22 e 24 horas, respondendo o Goberno do xeneral ditador Aramburu Rojas, co estado de sitio e a Lei Marcial, así foi como o dia dez, en aplicación deste decreto, fusilase en poucas horas, a centos de dirixentes gremiais, e do movemento social, e obreiro, a cabeza do que puxéronse os xenerais, Tanco e Valle, que tamén pagou ca súa vida a rebeldía. O escarmento conseguiu calmar os ánimos durante uns anos, e os asasinatos e a ignonimia quedou impune. Outra mais na historia do mundo.
Non quero resultar coñazo, así que vou rematar contándovos, que teño a honra de que xunto comigo, cumpran anos, xente tan importante como: Mel Gibson, o actor. Antonio Muñoz Molina, escritor. Miguel Bosé, cantante Andy Garcia, actor cubano. Imanol Arias, o noso Alcantara da Serie de televisión cuèntame como pasou. Aínda que para mi sempre será o Lute, na mellor interpretación que Eu recordo tende visto nunha película. Tom Hanks, actor norteamericano. David Copperfield, o mago e ilusionista mais grande despois de Houdini. Entre outros moitos actores, escritores, filósofos, políticos, o que chamase xente guapa ou famosos, pero que Eu non admiro, así que me importan un pito.
E que neste ano do 1956, perdemos para sempre, aínda que nos quedaron as súas marabillosas obras, poemas e reflexiones a: Bertolt Brecht, o escritor, filosofo, poeta e dramaturgo Alemán. Don Pío Baroja, o grandísimo filosofo e novelista Español. O ex-presidente da nosa segunda República, Juan Negrin, vilmente rachada pola inxusta guerra civil, e o seu “glorioso alzamento nacional”, de tan infaustos recordos, e tantas feridas aínda non pechadas, como demostra hoxe en dia, o esforzo que están a facer moitos por recobrar a Memoria rachada dos vencedores. E remato co que considero tal vez o feito mais importante deste ano, por suposto deixando a parte o meu nacemento, como foi a concesión do Premio Nobel de literatura a D.Juan Ramon Jimenez, e o seu “Platero y Yo”. Despois pasaron moitas outras cousas na miña vida, pero non vos la vou contar hoxe, o deixaremos para unha tarde de inverno, nunha tertúlia, o amor do lume, e escoitando contos de vellos, que dean menos medo do que da a vida mesma, se queredes e vos parece ben. Agolada, 19 de Marzo do 2010 (Dia do Pai) Angel Utrera

Comentarios

Entradas populares