ANTONIO NORIEGA VARELA


Do Ermo


I.

"O Demo"


Das millenta falcatrúas,

que nos fan, e que fac emos,

¿A quén se lle bota a culpa

na miña parroquia?

Ó demo.

O demo apaga os candiles,

o demo queima os palleiros,

entra o demo nunha cas

e anda todo ós catro ventos;

no hai reparto de consumos

sin intervenciòn do demo;

el é o que mata e esfola,

e o que resolve o concello;

el é que me tenta a min

sempre que publico versos;

e ás mozas que está,....prá diante

tamén as tentou...o demo.


II.

Porque é de Tan MAla Entraña......


Porque é de tan mala entraña

xa Dios farà que non teña

máis que inmundicia, e que veña

sin folgos de terra extraña:

dun recuncho da montaña

vai á mau que se largou,

e ainda hoxe non lle mandou

á nai, que chora por el,

catro reglós nun papel

decindo....que non estoupou.


III.


As Froliñas dos Toxos


¡Nin rosiñas brancas, nin claveles roxos¡

Eu venero as froliñas dos toxos.

Dos toxales as tenues froliñas,

que sorrien, a medo, entre as espiñas.

Entre espiñas que o ceio agasalla

con diamantes as noites que orballa.

¡Oh do ermo preciado tesouro:

as froliñas dos toxos son de ouro¡

De ouro vello son, mais, as froliñas

dos bravos toxales, ¡das devociós miñas¡....




(Hai xa ben anos que o poeta lugès, Antonio Noriega VArela, 1869-1947, se convertiu nun calsico do costumismo galego.

O séu grande talento para sintonizar coas formas e os sentementos da Galiza popular, dèronlle unha sona semellante á de outros poetas, profundizando na tristira dos montañesesn nos rebuldeiros da vida da aldea mesma, nas dores e ledicias da xente coma él. Nada novo, pero sen ripios, nin tòpicos, ou mesmo tòpicos. O Ermo, como tal, foi publicado no ano 1924, nembargante, primeiro foi publicado co titulo de Montañesas, no 1904, e mais tarde no 1920, na cidade das Burgas, é o séu único libro de poemas impreso.).






Comentarios

Entradas populares