CANDO EU ERA NENO





CANDO EU ERA NENO

Cando eu era neno
Recordo as conversas teimudas dos vellos sobre a proximidade do fin do mundo.
Hoxe, aquí e agora, son eu o que fala do fin de todos eles, e tremo pola proximidade certa para min, a volta dunha esquina traizoeira.
Cando eu era neno
Pensaba na morte como algo irreal.
E a imaxe mais próxima que tiña dela, saqueina dun mal debuxo do meu libro de historia.
Era dun home descoñecido para min, co seu traxe xastre. O traxe dos días de festa e Domingos de gardar, negro como o carbón, lustroso e relucente polo gastado que o tiña de tanto usalo.
A cabeza cinguida pola cinta que lle facía ter a boca pechada a forza, como se alguén tivera medo de que falara de novo.
As mans cruzadas sobre o peito, e entrelazadas cas doas do rosario. E as cuncas dos ollos cubertos cunha moeda, ambalasduas.
A cada un dos lados da cama onde repousaba xa cadáver, dous enormes cirios custodiábanlle na postrema despedida, digna e solemne, desta vida.
Hoxe, creo firmemente que non existe morte digna de ningún xeito. Antes ben toda ela é ruín e cruel.Unha inxustiza. Unha burla de Deus.
Cando eu era neno,
Recordo que miña nai reprendíame cando me vía cos ollos cheos de bágoas, e mancado, cos xeonllos sangrando.
Angel, dicía, os homes non choran.
Anos despois, home feito e dereito xa, cando a perdín, chorei como nunca o fixera de neno, alí so, diante da súa lapida fría, sen importarme para nada quen me vira.
Cando eu era neno
Tiña unha bicicleta de prestado. Sen freos, e mais óxido que ferro. Coa que soñaba que lle facía carreiriñas ao vento, nas costas abaixo, polas que me lanzaba cos ollos pechados, dende a Alhambra, ata a praza de Santa Ana, as veces, outras dende a Gran Vía, a praza de Bibarrambla, polo Zacatin.
O mellor era que sempre era eu o que gañaba.
Cando eu era neno,
Dos carambelos da fonte dos xardíns do Triunfo, faciamos festas de caramelos, mentres quentabamos as xemas dos dedos co calor do noso alento, polos buratos das luvas de lá.
Cando eu era neno,
Os años pasaban por nos moi lentamente e tiñamos tempo para facelo todo, mesmo xogar a ser nenos, despreocupadamente.
Cando eu era neno,
Gustábame facer colección de cromos. Eran dos sitios, animais, flores e persoas mais incribles do mundo. E polas noites, case que a escuras, abría o meu álbum cas estampiñas pegadas con grumos de fariña e auga, o noso pegañento cola máxico, e maxinaba viaxar polo mundo enteiro, e vivir marabillosas aventuras, alí tombado, sen moverme da cama mirándoas unha e mil veces.
Cando eu era neno,
Non cría cun día deixaría de selo, e xa nunca mais ía volver a ter a fantasía dos soños, a limpeza do corazón a capacidade de asombro, os ollos abertos grandes para a descuberta do novo, toda a vida por diante, todo iso que agora son os meus recordos.
Cando eu era neno,
Nunca pensei que de vello, ía a seguir sendo un neno grande.....
Cando eu era neno,
Quería crecer é ser maior rapidamente, para poder facer tantas cousas como pensaba facían os meus pais, é que eu non podía pola miña curta idade.
Agora gustaríame ter outra oportunidade, e volver a ser aquel rapaz que fun un día.


Angel Utrera




Para a miña nova amiga Marisa- Cuspe de Pita- do outro lado do espello maxico que é a rede.




Xa ves MArisa......eu de neno tamen era neno, capaz de xogar, de reir, de desfrutar.......


Non o que teño é morriña pola perdida da miña infancia, sen chegar a decatarme delo, como un pasmon, cando me din conta xa era tarde....











Comentarios

Cuspedepita ha dicho que…
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Cuspedepita ha dicho que…
¡Que beleza, Ángel! ¡E despois dubidas de ser bo escribindo !
Agora entendo a túa teima coa túa infancia :-))
Eu sinto que perdín ( non pola miña vontade) polo menos tres ou catro anos de infancia. A miña rematou, de súpeto, o setembro que cumprín os dez e me deixaron interna nun colexio en Lugo sen despedirse... (Para que non chorase, que ironía)
Fiquei alí, soa, e tiven que medrar de golpe para aprender a defenderme por min mesma.
As poucas veces que miña nai me puido ir ver, doíame a gorxa da angustia de ter que separarme dela outra vez. E non podía falar. Teño unha lembranza moi viva desa sensación, a pesar dos anos que pasaron e de todo o que vivín.
Cuspedepita ha dicho que…
E tes razón, unha das cousas que máis me sorprende do paso dos anos é que segue un sentíndose máis ou menos igual que daquela, igual de fráxil, igual de vulnerable...
Eu pensaba que de grande un sería forte como parecían os pais, coma unha torre inexpugnable, pero non...:-)

Unha aperta forte e gracias pola dedicatoria ;-)
Biquiños para os teus.
Angel Utrera ha dicho que…
Ves, como si pode entender...
No meu caso non foi a falta de proximidade fisica.....mais ben a psquica, que ainda é mais dolorosa.
A falta de comunicaciòn, non saber que decir, non ter nada que escoitar, botar de menos con quen falar das tuas cousas, e escoitarlles....Non so berros, e reprimendas.
Que tenemos que hablar de tantas cosas.
Compañero/a del alma....Compañero.
-Como escribia Antonio MAchado-

Entradas populares