EU CONFESO





Confeso que me dan medo as palabras
Confeso que tremo de temor ante as dubidas diarias
Confeso porque a pesaren dos anos estragados son un neno encanecido
Confeso a miña insatisfacción polo que fago, o que sinto, o que digo
Confeso que todo é unha gran mentira, que o mundo non existe, que o home non e tal, senón unha fera adormecida entre algodóns de neve branca, que se funde tralas lapas dos avernos infernais.
Confeso que odio a morte
Confeso que non creo en nada
Confeso que non espero a amañecida vitoriosa nas lamazais doutros lares.
Confeso que por mais que busco non atopa a paz
Confeso que teño a guerra por compañeira de viaxe.
Confeso que levo rotos os calcañares dos meus calcetíns, buratos nos petos dos meus pantalóns curtos na nostalxia dos recordos inventados, e sucia a conciencia.
Confeso que entre soños son feliz
Confeso que estou namorado, despois de tanto tempo, cunha serena entrega deliciosa, de non esperar nada, porque xa o tes todo sen desmaio.
Confeso que son un parvo enorme
Confeso que por confesar o que confeso hoxe, non acado a xustiza necesaria.
Confeso que non sei o que me pasa, que non sei vivir, que a vida se me escapa, que non quero pensar no maña, que non espero nada hoxe, e que recordar tampouco me serve para nada.
Confeso que se pecho os ollos so vexo escuridade trala ventá da habitación onde agachado agardo un milagre.
Confeso que non existo, so divago…….

Comentarios

Entradas populares