CELIA PARRA DIAZ


Celia ten tan so 19 anos, e xa obtivo o terceiro premio de poesia no certame Minerva, por dúas veces. No ano 2008 gañou o Anxel Casal, e no 2009 o Maria Mariño e o Avelina Valladares.
O outro dia na Estrada, agasallaronnos ós participantes, cun libro dela: NO BERCE DAS MAREAS, de edicions Fervenza, a quen por certo acaban de conceder o premio San Martiño, a normalizacion linguistica do galego. Noraboa e parabens para ambos.
Velai tedes un dos poemas do libro desta poetisa, de Ourense, que ten un futuro impagable.

E por fin,
chegar a porto
Descubrir a calma,
o ventre hùmido do silencio
no berce das mareas.

Coa epiderme ferida de ausencias
e fósiles das bágoas daquel tempo
abro os ollo,
xa non existe a dor
xa non chove baixo as árbores
as cores tornan difusas,
son translùcidos os cristais
do esquecemento.

A calma.
O inexorable esvarar das horas
que xa non estàn marcadas
pola túa presencia.......................

(No Berce das Mareas..........CELIA PARRA DIAZ)

Comentarios

PENELOPE-GELU ha dicho que…
Buenas noches, Ángel Utrera:

Si la poesía es un rayo de esperanza, cuando son los jóvenes quienes gustan de ella, consiguen en los que ya no lo somos, que nos renazca la ilusión en el futuro, que a veces creemos irremisiblemente perdida.

Saludos. Gelu

Entradas populares