INSOMNIO.


 
Recordo aquela noite de insomnio

en frío e soidade
Fría aquela noite de tristura  e devagar
polos corredores da casa
de tanto en tanto.
Ollar tralo cristal mollado da ventá da habitación
o silencio dos meus pasos cansos.
A densa escuridade
A angustia no meu peito
As pálpebras pechadas
mentres deitado cara enriba
inmerso nun insomnio empedernido
soñaba esperto.

Respirei paseniño por no rachar aquela paz
e perder de escoitar o vento pelexando
contra as polas dos esqueletos das arbores espidos
de follas do pasado.
Sentín unha quentura morna nos beizos sedentos
e agretados pola febre
Na boca pastosa a lingua preguizosa rebulía
en apracible non facer nada
Man sobre man no meu peito
cuberto polas sabas suadas e engurradas
fuxía o tempo coma espantado.

Pensei deixar morrer as horas
debuxar a desesperanza na madrugada
en agradable insomnio de palabras sen voz
de etéreos pasos en e para a nada

E así pouco a pouco
sen presa saín deste insomnio
cara a morte
no cadaleito da vida opaca.

Comentarios

Entradas populares