TES QUE COÑECELO MAR.
Tes que coñecelo mar
As ondas salgadas bicando a area
así namoradas
mornas, doce ou salvaxemente enfadadas.
Tes que coñecelo mar
cando bate contra os cantís
nos invernos do vento nordés
tempos de alboios e furnas.
Tes que coñecelo mar
din que ten sabor a fresa e nata
a sal;
agrea e doce o mesmo tempo,
din que no seu fondo abisal nadan sereas
e baleas e mil peixes descoñecidos
e que están por descubrir tesouros inmensos
cofres cheos de ouro e diamantes e pedras
fantásticas
quizais, quen sabe.
Tes que coñecelo mar
e mirar o sol cando se afonde
derrotado pólas sombras da noite
vermello e negro
agachado no horizonte e nos deixa sos
cos soños de terras por atopar
de ilusións e fantasías das aventuras
doutras vidas que non imos vivir xamais.
Tes que coñecelo mar e sentirte pirata
ou seren naufrago nunha illa solitaria
e recorrer baias, dobrar cabos, superar
tempestades
bañarte nas augas frías dos pólos
ou nas quentes dos paraísos tropicais
e cantar ;
Con diez cañones por banda
Viento en popa a toda vela....
Tes que coñecelo mar
e coller as cuncas das praias solitarias
e mollar as mans coa espuma das ondas
e temperar os sentidos
e voar coma gaivotas
E soñar.....
Tes que coñecelo mar.
Comentarios
..."Tes que coñecelo mar"
En estos días tan especiales, el recuerdo vuela hasta tu tierra y sus gentes.
Abrazos.