RECORDOS...................


Eu tan so teño claro que o futuro é o lugar menos seguro de tódolos que alguén poida imaxinar, e o pasado resulta un pozo sen fondo de amargura e fracaso. Sempre se recorda dun xeito mais nítido os fracasos e equivocacións, as magoas e tristuras que as cousas boas e a ledicia de vivir.
Teño  a impresión da miña cara desbibuxada polas pingas de auga esvarando sobre os cristais da venta  doutro autobús, moitos anos despois e noutro sitio totalmente diferentes e afastado da miña nenez, calquera tarde de inverno.
O vao da respiración saíndo quente do meu peito empanando o  cristal no que escribo algo sen sentido, e miro e miro pasar a xente, os coches, unha e outra rúa, escaparates, beirarrúas molladas, charcos que salpican as rodas dos coches ao pisar, os anuncios de neon, o semáforo en vermello que cambia a verde e o autobús que arranca e nos inunda dun cheirume desagradable de fume e goma queimada., xente despreocupadamente que sube e baixa, ruído, moito ruído de freos, chíos, de portas ao bater cando se abren e pechan, risas e retallos de conversas que non entendo e as que non presto atención de invisibles coma min, viaxeiros no tempo e no espazo, e Eu alí sentado sen facer nada dando voltas no circular, o autobús sen principio ni final. Dende Catro Camiños, Cea Bermúdez, Alcala, Praza de Roma, Manuel Becerra, dando voltas coma nunha nora, como daquela a miña vida da que sentía tiña todo o tempo do mundo por diante. Agora sei que estaba errado e que esta viaxe a forza ten fun final programado.     




Comentarios

Entradas populares