A MARIA DAS RUAS.....(MICRORELATO DE INVISIBLES COMA NOS)
A MARIA DAS RUAS
Percorría as rúas
molladas nas intimas noites de plenilunio, cando mais so ca unha deambulaba,
insomne empedernido, tan so polo doce pracer de non facer nada sabedor de que
tampouco tiña nada que facer e de súpeto alí estaba ela parada baixo o feitizo máxico
da falsa luminosidade do neon, diante do escaparate cheo de ilusións, soños e
desexos, tan inútiles coma inalcanzables para si, a supoño coma unha raíña no
seu trono.
O seu era deterse
diante dos escaparates iluminados das tendas e ollar para aquela imaxe
reflectida no cristal húmido e borroso que lle devolvía a súa propia sombra
envolta, coma un deses agasallos de Nadal , nun papel de celofán, triste
bafarada de vao quente en fuxida vana.
Arrastrando o vello
carriño cargado de saudade e fracaso restos do naufraxio dunha vida, a súa,
estragada no camiño feito de sumas e
restas de tantos erros cometidos dos que xa non lle quedaban recordo, pero si
moitas feridas e cicatrices, e senón unha bronquite crónica tributo ao tabaco,
algo de artrose no xeonllo da perna dereita residuo dunha mala malleira en
calquera dos prostíbulos polos que cada vez de mais ínfima ralea foise
arrastrando como o tempo, e anos de mais.
A recordo
arrebolada baixo unha pucha vermella, as greñas louras que lle escapaban polos
lados, insensibles ao champo e ao peite si es que por acaso o probaban algunha
vez no ano, cando atopaba oco no albergue, con dereito a cea quente e ducha fría.
Ía e viña sen
presa, sen destino, ninguén agardaba por ela e tampouco ela ía onde ninguén,
así, agora si, sentíase en paz co mundo e consigo mesma. Non debía nada a ninguén
nin agardaba nada de nada a cambio.
Seica non tiña
familia, aló menos que se puidera chamar
familia. Unha filla tivo. Quen sabe que foi dela, que derrota tomou a súa vida,
ou que lle tiña gardado o destino, quen sabe si por causalidade recorda de
cando en vez a nai ou garda recordo tenro dela.
Xa nin sequera era quen de recordar o seu
nome. Rosa, ou Rosalia, ou Raquel.
-Non me recordo, ti.
Sei que empezaba con “R”, me dicía mentres ría, con esa risa franca e aberta
dos que inconscientes do seu, non lles importa nada de nada as cousas da vida.
Total ¿que vida?. Neso penso tiña todala razón do mundo.
-Tan pronto tivo
oportunidade desapareceume a filla e ata hoxe, me contaba coa boca chea e
cuspindo gotiñas de café e leite,por entre os dentes preñados de caries, mentres mollaba o churro que lle acompañaba no
almorzo ao que lle convidara de cando en vez.
-Bos día María.
¿Como che vai hoxe?. Vai frío verdade?. ¿Almorzaches xa?. Ala pois imos onde o
Nuno a que nos poñan un cafetiño con churros .¿Face?
De cando en vez se
me repite coma un eco baleiro a súa voz doce perdida nun susurro, nun murmurio
coma a
do vento éntrelas tamuxes dos piñeiros e volvo a escoitar os seus pasos
perdidos no fondo dos calexos empedrados de granito e pintados en gotas de néboa e sarabia no
espertar da alborada , no que a Lúa se retira tralo velo das nubes e o lusco
fusco deixa paso no abrente ao novo día, no que ela gardará ausencia baixo os
arcos da ponte nova, entre anacos de la, caixas de cartón e soños, e Eu
simplemente deixarei que a vida que vendemos me leve por diante un día mais,
coma calquera outro.
E así noite a
noite, diante do seu carriño arrastrando o que foi algunha vez a vida, María
esta ou aquela, se mira e remira no cristal mollado dos escaparates de calquera
das tendas nos nosos barrios sucios e esquecidos, invisible a todo e a todos
porque ela non existe, quizabes non existiu xamais e a súa imaxe borrosa e tan
so iso, un soño estragado, un pesadelo, unha fantasía un conto de solitarios
coma min perdidos nas noites dos tempos e posiblemente ela, a María das rúas, nunca existiu.
Mellor así paralas
nosas conciencias.
Angel Utrera
Comentarios