CODIGO POETICO.........MARIA N.SOUTELO VAZQUEZ


Quero pasar ó
outro lado.




               Contigo. pasar ó
outro lado.
               Contigo.

A poesía é un misterio que permanece ao longo da historia. O misterio da poesía é o que nos fai libres e capaces de soñar, sentir, compartir e vibrar no verso mesmo que temos entrelas nosas mans diante dos ollos para acariñar e querer.
A poesía e un acto de impudicia no que o escritor desnuda ante nos os sentimentos, frustracions, dores, sensacions e sufrimento, por soposto ledicias e sinfonias de cores, incompleta as veces, coma a vida mesma. A poesìa nos transmite, se somos quen de pararnos e botar una ollada coa mente limpa e os ollos curiosos dun neno, o que non temos tempo de ver, por codicia, ceguera ou imposibilidade material, desta vida a impulsos que nos arrastra.
Maria Soutelo aperta este misterio, esta historia vital de poeta e transmite e comparte a vida que vendemos nun rebulir de imaxes tenras, sinxelas e intimas que nos cautiva e transporta ata ese país dos soños no que a poeta insomne impenitente deambula buscandolle o sentido as cousas que nos están a rodear sen darnos conta apenas.
O libro;”CODIGO POETICO”, co que gañou o XX Premio de Poesìa Eusebio Lorenzo Baleiron, no ano 2008 e un compendio, un poemario, un todo dende o primero ata o ultimo dos versos, no que Maria Nieves reflexiona sobre o que para ela e para nos supòn Vivir, así con maisculas, e ao mesmo tempo que desvela o misterio poetico das palabras xoga coma ondas do mar salgado que morren nas areas cálidas e doces de calquera praia, nas imaxes ancoradas nos mais intimos recordos: O amor, a vida, a morte, o silencio….
Codigo pòetico e un pracer paralos sentidos, que se paladea e nos deixa un regusta de fresa e caramelo, ainda que as veces sexa agreo e amargo, coma o fracaso e no que o lector bucea e relee buscando a profundidade do silencio o amor, as apertas dos corpos espidos que se buscan as miradas esquivas, a man amiga, o vento que leva e trae o son da poesía na que vai a e ven a vida desta poeta que se afonde na vida coa que xoga, quere compartir e desfrotar intensamente e sen desmaio………...

Nunca saberemos
en que momento certo
se acabaron os chanzos da escaleira

e deixamos de ascender……………………..          

Comentarios

Entradas populares