LEVAME COÑECE-LO MAR.......
Nai,
¡lévame coñecelo mar¡
Seica
é da cor das esmeraldas
e
nas noites mornas de lúa chea
pódense
ver as sereas xogando cas ondas
de
espuma branca a facer pompas
como
as de xabón
e
que as estrelas viaxan cabo do mundo
cabalgando
sobre elas.
Din
que o mar chega ao infinito dos firmamentos
coma
saído dun burato negro sen fondo
mais
alá da liña borrosa do horizonte
dos
nosos campos e as bolboretas.
Lévame
nai.
¿Onde
é para ir velo?
Dime
cal é a congostra , nai.
¿onde
se atopa a corredoira
para
baixar onde o mar? .
Teño
que fuxir deste silencio de morte
Din
que as augas son salgadas
e
cheas de brillos e reflexos
coma
cristais ardentes.
Pódeste
mirar e verche reflectido nelas
e
escuras no mais profundo
e tamén
azuis e as veces transparentes
naquelas
outras terras
tan
diferente da nosa dura e ingrata.
Lévame
coñecelo mar
na
procura dos tesouros dos piratas
descubrir
illas solitarias
navegar
co vento nas velas
sentirme
libre e nunca mais escravo
E
soñar……
Comentarios