ENCONTRO EN POESIA NA FRAGA DE CATASOS (V E ULTIMA ENTREGA).......













Nova entrega, nesta ocasion xa V entrega  doutros cinco poemas, de cinco poetas mais dos que xenerosamente se sumaron ao acto, encontro en poesia pola Fraga de Castasos, "A Fraga Bonita", o pasado Domingo dia oito de Novembre, dentro do IV encontro  de poetas e artisas,.... ISABEL DE TORO, LORENA REI, PEDRO ANTONIO PEREZ BOUZA, RAMON RODRIGUEZ TBOADA  ...









No marco incomparable da Fraga, onde deixamos as nosas pegadas en forma de palabras e versos, e o noso desexo reivindicativo de salvar a nosa fraga da especulaciòn, o poder dos cartos, e a forza irracional dos poderosos, neste caso o desexo de Union Fenosa, de arrasar a fraga para a instalaciòn dunha liña de alta tensiòn...


ISABEL DE TORO
Densas horas cruzan
a penumbra do meu soño
voan días grises
arrastrando as noites
O meu alento esboza no espello
o teu contorno impreciso
a miña cabeza sosegada
sobre o espectro do teu ombro
sobre este amor...
cadencia de melodía inacabada
Amenceu o verán
xa escurece o outono
outro nadal virá
e outro maio imporá as súas flores...
Suor senlleira
a miña pel contra unha sombra
pegadas dun tempo imperfecto
que non foi conxugado
porta inerme
que non deixou entrar a primavera
Isabel de Toro. "Na penumbra".
**
FOTO Isabel de Toro. Porta inerme (da serie Portas e ventás)
LORENA REI
Á FRAGA DE CATASÓS
Escoitar na fraga o sabugueiro
de folla repinicada.
No bosque atlántico tantear
amores con
feitizos de fiúncho.
Foresta virxe,
monumento de Catasós,
aceno de identidade onde
ecoa o vento entre os
fentos e o vagalume.
                                          Lorena Rei



RAMON RODRIGUEZ TABOADA
CASAS VELLAS
O sol enclinou seu arco
sobor da terra esvarando,
outono das cores vivas
pouco a pouco sementando
follas roxas e amarelas
que van extendendo un manto
por riba da negra terra
tapiz de cores formando.
Na noite ximen os ventos
como se unha nai cantando
aloumiñara ó seu neno
riba do colo arrolando.
Tempo de recollemento
para pasar cavilando,
para escoitar o que un leva
dentro do peito falando.
Agora cas noites longas
e os días curtos nublando,
aloumiñados cos ventos
e as choivas golpetexando
tons e sons de regadío
van o maxín alumando.
Vénseme hoxe na memoria
a fraga das Casas Vellas
e a pretensión da Fenosa
que quere facer con ela,
corredoira de corrientes
desfacendo a carballeira,
disque en nome do Diñeiro
que vai traer pra estas terras
o progreso proguesado
que manda desa maneira.
Linguaraces trapalleiros
serviles do Capital,
chámanlle a chimpar carballos
progreso e máis benestar,
pero calquera que sinta,
que se deixe razoar,
ve moi claro, non hai cartos
cos que se poidan pagar:
os aloumiños das arbres,
as cancións que alí se dan;
os marmurios entre as follas,
as doces sombras no vran:
o arrolo dos paxaros,
os froitos que están a dar,
os cogumelos que xorden
da terra sen avisar;
leña pos duros invernos,
brisas doces no verán
e un senfín máis de innombrables
que sin saber se nos dan.
Por eso amigos veciños
por eso e por moito máis,
a fraga das Casas Vellas
deberiamos salvar.

Ramón Rodríguez Taboada (MonchoNela).


·          
·        PEDRO A, PEREZ BOUZA
·        Tristes poemas..

Me dixeran que alguén dixo
que os meus poemas son tristes
que respiran amargura
respiran o que eu respiro
e sinten o meu sentir
porque estan feitos por min
con fortuna ou sin fortuna
Con rigor ou sin rigor
xa sei que sin maestria
e sin rimo nin medida
pero ten sentimentos
son feitos con o coarazón
non atenden a razóns
son retazos de unha vida
Son parte da miña vida
da miña vida vivida
dando todo o que hai que dar
sin mal vivin eu a vida
a vivin co o corazón
casi nunca co a razón
amar e non razonar.
Miña entrega foi total
non sempre correspondida
o lamento nos poemas
poemas de desamor
que carecen de alegria
si o negara mentiria
son poemas das miñas penas.
A quem conto a miña vida
quen sufre co meu sufrir
quen conparte o meu lamento
nadie teño xunto a min
que me alivie dos meus malos
a quen contar meus pesares
a o vento llos conto ao vento.
Que o vento me leve os males
que os leve ao fondo do mar
onde a luz din non existe
pa que non poidan volver
cos males vaien as penas
entonces os meus poemas
non seran poemas tristes.

Pedro Antonio Pérez Bouza

Comentarios

Entradas populares