ALGUNHAS VECES NO SOLPOR......
Algunhas veces no solpor das interminables tardes de inverno;
entre grises e
saudade, e a chuvia chamando con forza
nos cristais das fiestras abafadas polo vao;
sinto que o
ceo estase como alfombrado de tormentas sobre o anoitecer murcho dos cantís verdes
e a escuma salvaxe do mar enfurecido, das furnas dos avernos, cando bate contra
a inerte sombra das gaivotas que
semellan suspendidas de formidables fíos
de inexistentes arañeiras.
Entro entón
deste xeito, nunha loita incruenta e extenuante comigo mesmo e os meus recordos
silenciosos,
mentres
recostado no vello sofá da miña sala de estar, do que fuxe avergoñada por algún
que outro burato na tela, a esponxa de recheo e o pasado inerte observo o liña difusa do horizonte trala que
estase a formar unha poderosa e titánica negrura, como nos meus pensamentos;
e seica alí
ten que agochase o abismo abisal da nada, esa mesma da que falaban nos albores
das conquistas os agoreros do cabo do mundo, pesadelo afágante co que tremaban
navegantes, mariñeiros e aventureiros dos océanos.
Busco entón coa mirada o futuro cara afora en tanto
o vento salaia por entre as vigas de madeira da casa e comeza o combate a morte
coa terra e as súas xentes......(Angel Utrera).
Comentarios