ANA VILA.-Latexos dunha Labrega.

Nos últimos tempos estou a vivir sensacións diferentes e encontradas que a pesaren dos meus anos me afondan na confusión e o desconcerto mergullando sen descanso na procura de respostas imposibles.

Temos a inmensa sorte de vivir tempos grises nun Pais abraiado polos problemas, ninguneado,e colonizado polos países do Norte, os ricos desta Europa de mercados e mercadores, e a pesaren dos pesares feliz, no que a xente tan so preocupámonos de vivir, que non é pouco e  ir votar cada catro anos, coa falsa crenza de que así se exerce e vive a democracia, descansando noutros  a responsabilidade de decidir por ti mesmo. Alicia no Pais das marabillas, oiga, metemos un papeliño nunha urna de cristal e por arte de birlo birloque sacamos o coello branco da chistera e morreu o can rematou a rabia. Claro que o dia seguinte de ter conseguido gañar as eleccións, o electo de turno, fai o que lle peta a el e os seus colegas, e si che vin non recordo, ata a próxima, que onde digo, dixen, quixen dicir Diego. 
E xa sabemos todos, que somos maiorciños, que os programas están para conseguir votos, e pasou o dia, ala foi a romaría; a ver quen se vai esperar que os cumpran, bo oh, era boa se colara. 

   E dentro destas absurdas contradicións polas que toleamos, non vos conto nada novo cando leo que no noso Pais, se publicaron o ano pasado mais de 73 millóns de libros que non foron vendidos, polo que moitos deles remataron os seus días na trituradora, ou vendidos como saldo ao peso.
 Cada ano mais as cifras de facturación confirman que estase a perder unha cuarta parte do mercado, unha das razóns, a crise económica, o baixo índice de lectura dos españois, e o fracaso total e absoluto do ensino das humanidades e as letras, que ao parecer non interesan a ninguén, empezando polos Ministros dos gobernos da dereita do Pais, mais preocupada e ocupada en ter analfabetos e años, que persoas criticas e con criterio.

Aquí non lé nin o demo, e nembargante dia a dia hai mais xente interesada e necesitada en publicar, e facerse escoitar, ou ao menos ler, polo que cada vez mais vemos como o fenómeno da chamada "autoedición", cala e medra entre a xente, tamén animada polo baixo custe delas, dous centos exemplares dun libro de poesía, ou unha novela, pódeche saír aproximadamente nos mil euros. A cuestión, a pregunta, o debate é para que?. Aínda que teñas eses cartos, e teñas a obra escrita, para que editala, se non vas conseguir que ninguén, salvo dous, tres catro amigos a lean.

Nesta teses de cando en vez atopamos boa xente, xente boa, que escribe porque o precisa como respirar, como camiñar por entre congostras e corredoiras da terra, desa mesma terra da que mama e se nutre, na que súa o traballo e dálle inspiración e préstalle palabras e versos, xente que escribe porque se asfixia, porque lle sae de moi a dentro, porque precisa tocar, bicar, lamber, apertar e sentir, sobre todo sentir, como persoa, como muller, como nai.

E xogan coas palabras porque a palabra é sempre poesía para elas, eternamente en movemento, limpa e pura, tan contraditoria coma a auga dos regos e regatos que procuran no seu devagar pola vida e deixan escorrer éntrelos dedos, coma a mesma vida que todos, nos vendemos. E deste xeito van, paso a paso, mentres len e aprenden a ser homes/mulleres libres, as veces cos ollos abertos de par en par, e coa sorpresa prendida da mirada, outras esborranchados polas bágoas e a tristura, coa paixón dos amantes desenganados, aburridos, cansos pero ledos despois do coito, e seguen a escribir sen descanso, sen desconsolo, coma impertinentes testemuñas do presente,  cara un futuro, quizabes inexistente,irreal, translucido ou transparente.

Ana Vila Portomeñe dirixe e traballa de sol a sol co seu home unha explotación agrícola e gandeira, pero ademais atende a casa, coida con esmero de seus pais, e escoita a voz durmida da terra, os recordos da xente, as lendas, contos e historia de vida, que na narraciòn oral transmite co leite quente o fillo, de dez anos, aprendiz de home .E entre labor e labor encontra a inspiración para escribir poesía.

Dende agora en Taboada, en Chantada ou en Monterroso, en todo o noso Pais, haberá e á venda un novo libro, non un libro mais de poesia, senon o seu segundo, desta volta en Galego, que non sexa o ultimo baixo o título; Latexos dunha labrega o primeiro fora o pasado ano; Algo de mí con mucho de ti, a publicación recolle «algúns dos sentimentos e das palabras» que lle xurden cando se atopa diante dunha paisaxe determinada ou cando recorda algunha vivencia relacionada coa familia, os amigos, os animais e mesmo co que significado que ten para ela esta terra nosa, dura, malparida ingrata e feiticeira de sorrisos ,melindres e agasallos sorprendentes, tamen porque non, pura poesia, posia pura, berce de poetas e amantes da palabra feita verso, en soños de milimetrica cadencia transformados cando o vento zoa trala fiestra abafada da cociña onde na lareira estase a cocer o pote de caldo, entre berzas da casa, chourizos da matanza e moita, moita saudade de aldea, estas mesmas das que renegamos é que dia a dia morren esquecidas de desencanto e abulia, e das que Ana Vila, fala co amor que tan so unha nai pode sentir pola terra, a historia viva dun pasado que medra nas teas de arañas, entre o po, as xestas e os toxos da distancia.

Eu coñecina hai uns dias en Monterroso, co gallo da feira do disco e libro Galego, e quedei prendado do seu sorriso de labrega da poesía.  






 Como recolle no seu blog;
 http://poesiasanavila-libros.blogspot.com.es/

De profesión labrega, en raticos escribo sentimientos con forma de poema.
8-3-2015- autoedité primer libro ALGO DE MI CON MUCHO DE TÍ..disponible en librerias de Lugo..TRAMA..BALMES..LA VOZ DE LA VERDAD...y en las librerias de Monterroso....Antas de Ulla.... Taboada.....y....Chantada..en la provincia lucense..
El libro fue impreso en LA VOZ DE LA VERDAD..LUGO....encuadernado por ENCUADERNACIONES ARTESANALES INES DE CASTRO...LUGO.

También disponible contactando personalmente por mensaje, bien a través de mi página de facebook como Ana Vila Portomeñe o en la de Poesías ana vila-autor.
Ánimo a todas las personas en su día a día y nunca dejar de intentar sonreir con un sueño, pues no siempre es posible que sea perfecto pero sí puede ser vivo si nosotros no dejamos de sentir.



Comentarios

Entradas populares