CONTAME UN CONTO. (BRANCA NEVES E OS CONTOS DOS IRMANS GRIMM.).

Quen de nos de neno, algunha vez non quedou lelo escoitando nos beizos dos seus pais, o conto de Brancaneves e os sete ananiños?. O que este libre de pecado que tira a primeira pedra. Mais se mergullamos no conto mesmo, atribuído a estes famosos contistas os Irmans Grimm, (os dous escritores Alemanes,  Jacob Grimm (4 de xaneiro de 1785, Hanau (Alemania) - Berlín, 20 de setembro de 1863) e Wilhelm Grimm (24 de febreiro de 1786, Hanau - 16 de diciembre de 1859, Berlín),  atopamos que como moitas outras lendas, historia,mitos ou contos a ficción ten moitas semellanza coa realidade, ou cando menos a inspira.


E mais que sabido que a realidade sempre é quen de superar a ficción por moi incrible que nos poida parecer. A verdade é que  Jakob y Wilhelm Grimm  converteron en contos unha serie de relatos da tradición oral Alemana, as veces terroríficas e o limite do sadismo. Historias  que derramaban  sexo e  crueldade a esgallo e que foron suavizando progresivamente ata adaptalos as mentes infantís, xa que a mediados do século XIX, os seus libros foron rexeitados polos padres, mestres e cregos da igrexa anglicana, que condenaban a súa carga de violencia e sexo así como os castigos e consecuencias que padecían os malvados destas historias. Non había perdón para os malvados.


Efectivamente, por exemplo, vemos como o conto de Branca Neves baséase na  realidade da que nos da conta a historia  da existencia dunha tal María Sophia Margaretha Catharina Von Ertha, natural da vila de Lohr, am Main, no norte de Alemania no Estado Federal de Baviera,  nacida el 15 de Xuño de 1729, filla do príncipe Philipp Christoph von Erthal y de Maria Eva von Bettendorf, e cuxa azarosa vida, inspiraría o famoso conto dos non menos famosos Grimm, que dalgún xeito  souberon dela .



 No conto, inicialmente escrito polos mencionados irmáns Grimm, o malvada madrasta recibe un castigo, considerado excesivo e pouco axeitado para o puritanismo relixioso da sociedade calvinista da alemania daquel entón, polo que tiveron que modificar aquel final no que a madrasta, ou nai, de Branca neves era obrigada a bailar ata a morte cunhas zapatillas de ferro quentadas ao "rojo vivo":
O mesmo que tiveron que facer en case todos os seus contos, por exemplo no famoso "A Bela Durminte", no que inicialmente o príncipe ao atopar a nena durmida deitábase con ela  e a violaba, nove meses despois, aínda baixo os efectos do encantamento, daba a luz xemelgos, un deles chuparía o veleno do dedo no que se pinchara a durminte, que deste xeito esperta a vida milagrosamente.
Na primeira versión de "Rapunzel",sonche os pais os que entréganlla a malvada bruxa a cambio de comida. E esta encérraa nunha torre a que o príncipe do conto cada noite subía polas trenzas da rapaza para deitarse con ela, que queda embarazada e da a luz xemelgos. 
No conto da Cenicienta, unha das irmáns cortábase os dedos dos pés para que o zapato de cristal perdido pola nena no baile de palacio serviralle, mais un paxaro máxico e o sangue descobren a impostura,resultando castigada cruelmente, xa cos corvos arríncalle os ollos deixándoa cega.
Contos todos eles nos que se recolle a dureza da vida na idade media, a fame e a crueldade existente, e que os Grimm coñeceron e reescribiron.   .
Segundo unha teoría, mais ou menos certa, os contistas, tiveron razón da terrible historia desta muller persoeiro do conto de Branca Neves, e  como moitos outras das súas historias, e contos baseados ase mesmo na realidade a reescribiron chea de terroríficas imaxes, dunha crueldade impropia de contos infantís.
O suposto veleno co que cae morta a fermosa Branca neves, sería extraído do arbusto da Beladona, cuxo poder narcótico resulta ben coñecido hoxe en dia e que sen dúbida deixaría a nena baixo os efectos dunha doce morte temporal, ata pasaren os seus efectos.
O espello máxico, aínda hoxe resulta un obxecto que os turistas poden ollar na visita que se realiza no interior do Castelo da familia, Erthal na mencionada cidade de Lohr; na actualidade museo, e segundo parece si que pertenceu a malvada madrasta, segunda esposa del príncipe Philipp, Claudia Elisabetta von Reichenstein, obrigada a bailar espida ata morrer, calzada unicamente cuns zapatos de ferro quentados ao "rojo vivo", tal e como relata o conto mesmo.
Por certo que para o historiador, os ananos, realmente serían rapaces, que vivían no interior do bosque, sen familia nin ninguén que se fixera cargo deles, e que traballarían nas minas de carbón das que aínda quedan restos do que foi no pasado a súa explotación a pico e pala;
Velaí vos deixo o final orixinal deste fermoso conto de Brancaneves......
.......Tras el ataúd de cristal y la llegada del príncipe, la feliz pareja comenzó a organizar una boda a la que la madrastra fue invitada. Ella no sabía de quién se trataba, pero su espejito le había advertido de que volvía a haber alguien más bella que ella (en un claro ejemplo de narcisismo, la madrastra consultó compulsivamente durante toda su vida dicho espejo). Al llegar a la ceremonia, la mujer se dio cuenta de que la novia no era otra que Blancanieves y, como dice textualmente la historia……fue tal su espanto y su pasmo que se quedó clavada en el suelo sin poder moverse. Aún así, fue obligada a bailar desnuda hasta morir, calzada únicamente con unos zapatos de hierro calentados al rojo vivo.


Comentarios

Entradas populares