Brántega e a súa afamada banda.(Agolada)

A parroquia tivo formación musical propia desde 1864 ata 1956, para reaparecer logo en 1982 e rematar por integrarse na de Agolada
No ano 2010, tras resultar electa nosa candidatura á dirección da Asociación dos amigos da Banda de música de Agolada co gallo da celebración da festa do socio editamos un libro homenaxe a nosa Banda, no que se recollía a súa historia, así como as dos precursores; Brantega, Ventosa e Baíña coa colaboracións de varios escritores. Daquela o amigo Xaime Lamas, chamarame para facerme ver que non era xusto falar e situar o berce da actual banda de Agolada en Ventosa, cando realmente nacera polas xestións do director da de Brantega o Sr. Oro Val e o Alcalde Costa, como efectivamente fora. Certamente aínda ca Banda de Ventosa nace dous anos antes ca de Brantega, concretamente no ano 1862 grazas as xestións do seu mestre fundador o Sr. Cuñarro, hai que destacar que morre tamén antes, concretamente no 1959, cando a dirixe o mestre Manolo do Cureixas. No transcorrer dos seus case cen anos de existencia, foron coa súa música por pobos e vilas practicamente de todo o Pais, baixo da man de Juan Fernández (O Juanito), Jose Fernandez Alvarellos, e Clemente Fernández, fillo do juanito. Conta o mestre Alvarellos no seu libro sobre a historia das Bandas, que Clemente e Alvarellos, este coñecido co alcume de Curisco, eran primos irmáns e o Clemente fora músico en Cuba onde tocaba a trompeta.
Quero logo, rectificar aquel involuntario erro e dar ao Cesar o que é do Cesar, e agradecer as explicacións, fotos e información que me foi amablemente facilitada polo mencionado Xaime Lamas, D. Federico Méndez e Anxo Oro Trastoy, sen eles houbera resultado imposible facer este pequeno artigo sobre a historia da BANDA DE BRANTEGA e os seus músicos. A Parroquia de Brantega, (San Lourenzo), foi durante anos unha das mais importantes do Concello de Agolada, por certo ca orixe deste nome, segundo Luz Méndez, no seu libro sobre Topónimo de Agolada, resulta todo un misterio e perdese na noite dos tempos resultando único en Galicia. A primeira anotación escrita aparece en documentación do século XV, do notario de Monterroso, Sr. Aras Afonso. Durante o Antigo Réxime, Brantega pertenceu ao couto de Camanzo e foi señorío do mosteiro de San Paio de Ante altares de Santiago de Compostela. Con todas as carencias da época, sorprende a actividade cultural que ao longo dos anos acolleu o pobo, un dos máis activos da comarca que chegou ter; banda de música dende o ano 1864 e equipo de fútbol. A primeira rondalla foi formada antes da guerra por Xaime Castro e Ulrico Sarandeses, presentándose en festas e romarías con diversos nomes como o de :“O conxunto Tírame Algo” ata os “No Saben Delos”.
E mesmo un grupo de teatro, creado nos anos 50 que se presentaría co estreo da obra: “O Médico a Paus” de Moliere. Tivo tanto éxito que saíron a representala a Agolada. Dende alí saían para Radio City de Vigo pero esta actuación tiveron que suspendela; xa que ó apuntador, Pepe de Vázquez, caeulle unha vidreira encima. Nos ensaios, nunha palleira, tiveron que cambiar parte dos diálogos xa que o Sr. crego non vira o tema con bos ollo, logo deste xeitos en vez de dicir “anda que te parta un raio”, había que dicir “anda que te parta un coco”. Importante fora tamén a “Taberna de Primo”. O que fora primeiro Alcalde Republicano electo ala nos anos da proclamación da segunda República, antesala do Golpe Franquista, e a subseguinte guerra civil. Foi tenda de ultramarinos, aqueles produtos que chegaban as nosas casas dende mais alá de "Ultramar", das afastadas terras de América do Sur, a chamada quinta provincia de Galicia, durante anos un fervedoiro de actividade, centro socio cultural e de relacións socias entre veciños. Aínda podemos sentir o arrecendo a augardente e viño Sanson, entre o barullo e o rebulir das xentes que chegan e marchan sen parar nos dias de feira, entre mistos e fume de cigarros, risas e palabras unhas mais altas cas outras. As tabernas desempeñaron un papel social de máxima relevancia nas comunidades rurais illadas as veces e con moi difícil acceso a vilas mais importantes sobre todo para as clases populares nunha época da nosa historia no que as comunicacións eran moi deficientes con medios precarios e escasos e fundamentalmente animais de carga ou cabalería.
Alí mesmo neste chamado "Campo da Feira Nova", era onde chegaban os primeiros coches mixtos, a parte de diante para as persoas, e a de atrás para as bestas; da Torronesa, os mais madrugadores, os dos Farruquiños de Dacón, Unión Melidense, Alonso e Autos Puntero de Melide despois, cargados de paquetería e fardos atados con corda de pita e papel dos xornais que se gardaban na casa para as ocasións. De todos eles baixaban homes e mulleres, cestos con ovos, queixos e verdura, galiñas, coellos, repolos e cebolas, todo canto poidas imaxinar, tiña cabida na feira que duraba dende a maña cedo ata despois do almorzo e volta para a casa antes da chegada da negrura da noite. A Feiranova, tamén era coñecida antes da feira do vinte seis, co nome de “Campo da Mámoa”, por ter existido en este lugar ao parecer aínda que non hai probas certas, un cemiterio celta. Hai que ter presente que por aqueles anos dos que estamos a falar, anos trinta do principio do século vinte, non había as estradas coma hoxe en día, e unicamente existía comunicación con Lalín, As Cruces e Agolada. As primeiras estradas de certa importancia chegarían no ano 1951, polo que o transporte era en carros, a pé ou as costas dalgunha besta de tiro ou cabalo, despois chegarían os primeiros autobuses. Viaxar nun destes autobuses resultaban sen dubida toda unha aventura chea de incógnitas. O primeiro e obrigado para non quedar en terra era madrugar, saír da casa cargado cos vultos e cestos, ben cedo cando aínda era noite e camiñar por aquelas congostras e corredoiras coas zocas de madeira para non manchar os zapatos e os pés de lama ata a posta de onde saía o coche. Un destes heroicos autobuses O Torres, tivo como propietario un veciño de Brantega; D.Manuel Torres. Orixinario de Lamela e casara cunha rapaza de Cruces, chamada Julia, tivo unha filla Lourdes Torres e unha neta Maria Torres, desgraciadamente morreu electrocutado debaixo dun dos seus camións.
A luz eléctrica nas casas non chegaría ata o ano 1950 instalada polos irmáns Fuciños de Agra cando se inaugurou a estrada a Berredo, aínda que durante o período no que Primo Castro estivera como alcalde, fixera un importante esforzo para traer alumeado publico a vila, a través da central Penas da Boutereira, sociedade que fundara xunco co seu irmá Plácido, solicitando no ano 1922 a oportuna concesión para o proxecto de construír unha tosta no río que levara a auga canalizada ata as turbinas do muiño onde se transformarían en enerxía eléctrica, que prestara servizo os veciños do val de Carmoega. Sen dubida ambiciosa idea, na que investiron cuantiosos recursos e traballo e mais deixando claro os medios materiais e humanos con que se contaba entón para facer este tipo de traballos, de construción de diques, escavacións de rochas, tosta, etc. que íase estragar pola acción natural do río anos mais tarde levando por diante todo nunha enchente imprevista. A Banda de Brántega aparece no ano 1864 e permanece ata o 1956, posteriormente reaparece baixo a denominación de Brantega Cultural, no ano 1982, para finalmente integrarse na actual Banda de música municipal de Agolada. O artífice desta agrupación musical foi o mestre Estebo, músico afeccionado que tocaba o trombón de oído. Este xunto co clarinetista Marcial Sarandeses, e Javier García coñecido como o Xaviera que tocaba o baixo, e un fillo de Estebo, que tocaba o fliscorno foron os seus primeiros músicos. Daqueles heroicos tempos e das penalidades e a dureza dos mesmos, da conta Alvarellos no seu comentado libro sobre as bandas, a través da anécdota sucedida no lugar de Camba nas festas patronais. Ao saír da igrexa empezou entre os mozos cambotes unha forte discusión sobre o lugar onde tiñan que tocar aqueles tres; Marcial, O Xavier e o mestre Estebo, xa que uns querían levalos para un sitio e outros que foran cara outro. Finalmente o Marcial chegou a un acordo para evitar males maiores e tomando a palabra díxolles: Que non haxa lío¡¡...Divídese a banda...¡¡ E así como como el marchou a tocar toda a tarde o seu clarinete a un lugar cos mozos que o seguiron e os outros dous estiveron en outro tocando sen descanso na festa que montaran o resto dos mozos.
Co pasamento do Sr. Estebo, fíxoche cargo da dirección o coñecido Andrés Vilariño, que chegou ter case trinta músicos tocando na Banda xa con certa sona e moito prestixio. Da división acaecida polas disputas entre os músicos alá polo 1942, xurde a Banda de Baiña. O seu derradeiro director logo de substituír ao mestre Oro Val, foi Amadeo Agra Fernández que se mantivo ao fronte da mesma ata a súa desaparición no ano 1956. Da importancia daquela Banda de Brantega quedan as novas publicadas das súas actuacións por diversos lugares e festas, en diferentes xornais da época, cuxas paxinas pódense consultar a través de internet na Biblioteca dixital de Galicia; Galiciana. Recollemos agora algunhas desas publicacións: Do xornal LA CORRESPONDENCIA GALLEGA, Diario de Pontevedra do Mércores 16 de Xullo do ano 1916. La Provincia baixo o titulo “DESDE GOLADA”. Las fiestas de Borrageiros, coa firma de Corresponsal. Publicase en Castelan: Con extraordinaria brillantez se han celebrado este año en la parroquia de de Borrageiros , -capital del ayuntamiento de Golada- las tradicionales fiestas en honor de los gloriosos San Cristobal y San Benito. Las funciones de Iglesia revistieron gran solemnidad. El día 10 se organizò una procesiòn muy lucida en la que condujo el estandarte el digno Alcalde de este municipio y culto abogado Don Jose Fociños de Valenzuela.
Las bndas de música de Brantega y Merza dirigidas respectivamente por los populares maestros Don Andres Vilariño y Don Rogelio Gonzalez han ejecutado durante los festejos con perfecta afinaciòn y delicado gusto un repertorio nutrido y selecto, siendo objeto de calurosas y justas alabanzas. Por las noches, la elegante fachada de la nueva casa Consistorial, ostentaba artistica iluminaciòn de acetileno, que alumbró durante los tres días hasta las dos de la madrugada, dando inusitado lucimiento a las alegres verbenas, que como en años anteriores, consstituyeron la nota mas saliente de los festejos. El dia 10 en el amplio salón de sesiones de la casa Auintamiento, dedida galantemente por el Sr. Fociños, tuvo lugar un baile todo encanto y hermosura, al que concurrieron las mas bellas señoritas de la comarca y los mas distinguidos jovenes. Comenzó el simpático acto a las doce de la noche y hasta las cuatro de la madrugada no decayò la animaciòn. Amenizó esta número una secciòn de la banda de música de Brantega tocando con toda la maestria caracteristica a tan afamada agrupaciòn musical, brillantes composiciones. Las fiestas de San Cristobal y San Benito dejarán entre los goladensen grato y perdurable recuerdo.
El ECO DE SANTIAGO. Diario de la Tarde, na súa ediciòn do Venres 25 de Agosto do ano 1933 publica en Castelan baixo referencia; Fiestas en Pastoriza, o seguinte: Vienen celebrándose estos días con gran concurrencia de fieles los cultos de la novena que los vecinos de Pastoriz y Basquiños dedican a la Divina Pastor en su capilla de Pastoriza. El Domingo dia 27 a las ocho de la mañana la banda de musica de Brantega y el cuarteto Os Sixtos, recorrerá el barrio tocando alegres dianas. El COMPOSTELANO. Diario independiente do mercores 23 de Agosto 1933, recolle igualmente a nova das Festas da Divina Pastora de Pastoriza; .El día 27 a las ocho de la mañana previo al disparo de las bombas de palenque la Banda de música de Brántega y el cuarteto os Sixtos, recorreran el barrio tocando alegres dianas. ...Despues de la misa la citada Banda ejecutará algunas piezas.. Este mismo diario EL COMPOSTELANO, oLuns día 5 de Septbro 1932, publica baixo referencia; Vida Gallega, o seguinte solto: El número 529. Precioso número en el cual aparece la mas amplia informaciòn gráfica de las fiestas patronales de Santiago, con las carrozas de la cabalgata retratadas, los actos de los coros regionales, la procesiòn tradicional, los discursos de los galleguistas, el paso de los gigantes y cuanto reunió este año en Compostela mas romeros que nunca. Ademas contiene fotografías de la excursiòn del Recreo de Vigo a la playa de America, de la ría de las piraguas de la playa de Samil,,,,,,La Banda Brántega de Golada..... El texto muy nutrido, bueno y ameno. La portada caricaturesca, es de Vidales Tomé. Pola súa parte o xornal EL IDEAL GALLEGO, o Mercores dái 18 de Setembro do 1918, recolle; Desde Golada (Lalin), o seguinte texto. Se celebraron los dia 7,8,9 animadas fiestas en la parroquia de Ventosa. El ultimo día a pesar de lo desapacible del tiempo habia mucha concurrencia de forasteros.
En todas las misas el templo vióse abarrotado de fieles, comulgando un crecido número de estos. Merece aplausos el celoso señor cura y los miembros de la comisiòn de festejos. Tambien habrá los días 16,17 y 18 fiestas en honor de la Santa Cruz en la capilla de Brántega, propiedad del Sr. Rúa (D. Anselmo) y de Doña Dolores Sarandeses. Dejarán oir la palabra divina los Reverendos padres Pasionistas del Convento de Mellid. Amenizarán las fiestas la acreditada Banda de música de Brantega y gaitas del pais.
LA VOZ DE LA VERDAD, publica en Abril de 1911 a seguinte informaciòn nunha columna de local. En la parroquia de Sirgueiros han tenido lugar los dias 15 y 16 de Abril unas notables y concurridas fiestas. Entre otros festivales, a mas de las funciones religiosas que han resultado muy solemnes, celebrarónse algunos muy interesantes. El concierto de bailes ha sido de muy buen efecto, obteniendo los premios parejas de la escuela que dirige el profesos de Sirgueiros. La música de la Banda de Brántega que dirige el competente maestro D. Andres Vilariño y que amenizó las fiestas, ha agradado sobre manera.
Atopamos noutras diferentes publicacións de xornais e revistas da época, distintos comentarios e reseñas sobre as actuacións da Banda de Brantega e os seus músicos, mencionamos os seguintes, para os curiosos que queiran indagar neles: -O Heraldo Gallego. Paxina Enxebre en Decembro do ano 1927, publica baixo referencia Nuestras Sociedades. Nativos de A. De Cambados, referencia a actuación do ....fabuloso cuarteto de gaitas denominados Os de Brantega... -El Ideal Gallego, o día Martes día 4 de Sptbre do ano 1933, na súa columna de Información Xeral, dende Golada.....a celebración os días 7,8,9 de septbro. das festas na honra de María Auxiliadora, na que contarán coa Banda de Brantega e Muimenta, para amenizar as festas. Esta mesma nova é recollida ao ano seguinte polo mesmo xornal, o venres 5 de Sptbro. -El Eco de Santiago, refire nas festas da parroquia de Vista Alegre de Compostela, de San Caralampio, no mes de Xullo do 1931, a contratación da Banda de Brantega para amenizar as festas os dias 8, 9 e dez do mesmo mes. -Nova da que tamén se fai eco o xornal El Compostelano da mesma época.
Por certo que anos mais tarde, repetirán experiencia acudindo de novo as festas de Vista alegre, tal e como recolle o mencionado xornal en Xullo do 1934. Publicada no xornal EL ECO DE SANTIAGO, o 23 de Xuño do ano 1927, se recolle a participación da Banda de Brántega nos actos de “Homenaxe de Galicia ao aviador Loriga”, na chegada do renombrado heroe da aviaciòn a súa terra de Lalin. Que tamén atopamos nas paxinas do xornal O Ideal Gallego, do 23 de Xuño de 1927. -El Heraldo de Galicia, recolle en Maio do ano 1928, información das festas da Santa Cruz, na parroquia de Noceda( Lalin), na que se destaca a asistencia da Banda de Brantega para amenizar as festas e verbenas. Finalmente temos publicación recollida polo xornal El PUEBLO GALLEGO, do Martes 29 de Abril de 1928 no que se publica columna titulada; Golada Nos actos de homenaxe ao alcalde Sr. D. Emilio Oro Barrio, acontecida o día 23 do mesmo mes, coa celebración dun xantar, no que a música a puxo a Banda de Brantega.
Os xornais da época tamén recollen no 1933 a homenaxe ao médico de Agolada; Victor Loureiro, represariado polo Alcalde Oro, e reposto na súa praza de médico titular do Concello, ante a presión popular, homenaxe popular en Ventosa, coa música da Banda de Brantega e a de Ventosa. Finalmente reproducimos foto da Banda cos músicos de izqd a dereita obtida por Manuel Salgado na Galeria de Bandas Populares de la Real Academia Gallega, revista Vida Gallega agosto de 1932. O orixinal fora logrado por Adolfo Sarandeses Cortés (Atilano de Ventosa). Ceferino Varela (Bombardino), de Brantega. Amador Peon Varela (Bajo), de Artoño. Amadeo Agra Fernandez (Clarinete), de Brántega. Jose Val Salgado (saxofón en mi b). Levito-Baíña. Emilio do Cabo (saxofón en si b),Carmuega. Valentin Caramés (bombero). Baíaña.Jose Rielo Fuentes (trompeta).Fenix.Carmuega. Pepe Mazas, (clarinete). Palio. Leandro Mato, (Saxofón en si b). Cercio. Carmelo Varela, (Fliscorno), Brántega. Julio Maton, (trombón).Artoño. Jose Piñeiro, (clarinete).Cortiñan-Baiña. Sentado.-Andres Vilariño, (director). Brántega.Sin gorra.- Manuel Salgado (Flauta). Baiña. Ruperto Vilariño (Trombón). Brántega. Alfredo Rielo Fuentes, (Requinto). Brántega. Jose Pulido (clarinete). Artoño. Jose Campos (caja), de Agra. Candido Fernandez Fernandez (clarinete), de Baiña. Antonio Garcia Lorenzo (clarinete), de Brántega. Evaristo Moure Garcia (fliscorno), de Berredo. Raimundo Vilariño S. (clarinete), de Brántega. Avelino Peón Varela, (Bombardino). De Artoño. Ramon Varela, (bajo) de Brántega. Jose Piñeiro, (trompeta). De Baiña. Manuel Lopez (trompeta). Penas .Detrás del Director. Angel Utrera.

Comentarios

Unknown ha dicho que…
Moi bo o artículo, graciñas

Entradas populares