NOBELO DE LUZ. (CHARO GOLMAR).

NOBELO DE LUZ (CHARO GOLMAR).- Eu, desta viaxe da que xa volvo sen présas, gardo LEMBRANZAS, seitura de experiencias, un fardelo de debuxos, un libro de poemas, unha manchea de bicos, E unha presada de apertas. Nobelo de Luz é poesía en estado puro. Sensibilidade cálida e íntima. O pago dunha débeda coa nenez, os recordos e a saudade. Nobelo de luz, é unha viaxe dende o interior da poeta ao pasado co que se reconcilia e reencontra nun dialogo de nubes, de cores, de aromas do pasado, de silencios e palabras, de olladas e xogos, de globos que escapan das mans infantís cara a onde?.
Nobelo de luz, opera prima e poemario de Charo Golmar (Lalin), do que Eu pensaba erroneamente estabamos diante dun libro de poesía infantil, é unha raia no chan das congostras alfombradas de follas que son instantes, vellas fotos da infancia da que dende que nacemos, imos fuxindo, sen decatarnos de que nunca deixamos de ser “nenos”, grandes, si, vellos, dende logo, cansados e tristes, as veces, pero se conservamos os nosos soños, ilusións, recordos mais íntimos e todo elo o mesturamos e agochamos no fondo do baúl morno das nosas estimas mais profundas, sempre está aí, o noso carón, para saír, coma agora en forma de poemas, sons, cancións, imaxes tenras do que somos. Nenos sempre.
Nobelo de luz, é un poemario deslombarante, cálido, íntimo e persoal a mirada intensa e limpa dun neno que quere descubrir a vida, e non esquecer o que lle prenderon os que saben como descubrir e crear a necesidade de aprender a vivir, que nunca remata, coma ese faro, ese alumiño , ese arco da vella que buscamos dende sempre, ese lóstrego inesquecible que miramos nunha noite de tormenta dende a fiestra na seguridade da nosa casa . Nobelo de luz o primeiro e sen dubida non o ultimo libro de poemas, libro de emocións de Charo Golmar supón unha raiola de esperanza, unha delicada aperta da autora a vida e os recordos da que fora, dende a madurez do que agora somos coma unha lección, unha mais que o mestre/a descubre ante os ollos abertos de par en par coma xanelas de vento, a esta fermosa aventura que é vivir. Preciso axuda, calmar a dor e a consciencia deste desterro. Na man teño unha fita do teu pelo eue peneiro e ensarillo Entre os dedos. estou atrapado nun labirinto sen saída preciso de ti, coma do sol Xaneiro.
Capitulo a parte, merecen as ilustracións que acompañan este ronsel de cores e aloumiños en forma de versos, saídos do paraíso creativo infindo da artista Amalia López Brea; “Luchi”, que pon a nota precisa en cada unha das páxinas polas que nos adentramos mergullando poemas, destes Nobelo de Luz. Coma ben dixo o escritor Xosé Luna, un poemario para comprender que somos Diferentemente iguais. Un libro que da voz a un alumno especial, co que compartir tres anos de clases.(Charo Golmar. Faro de Vigo). No refuxio da casa sobre o meu leito, estombállanse os soños cando eu esperto.

Comentarios

Entradas populares