Amada Rosalia (Xoán Eiriz- poemas de Suso Diaz e música Nacho Varela).

Amada Rosalia o novo traballo musical de Xoán Eiriz , conn música de Nacho Varela, a partir dos poemas de Suso Diaz, do seu libro amada rosalia, no que o poeta compuxo 85 poemas a nosa Rosalia. Ai Rosiña O triste son da campana Como chove miudiño Canta Meniña
Nosa lingua é un canto, un verso sonoro que nos aloumiña a alma.(Suso Díaz ) Vivimos e disfrutamos cada poesía ,cada melodía ,cada canción . E fixémolo na súa honra ,con amor ,por Ela ...Grazas por tanto ¡¡❤Rosalia. (Xoánn Eiriz). Moitísimos poetas escribiron fermosísimos poemas dedicados a Rosalía , é unha constante, mais non coñezo se se escribiu un libro completo inspirado por ela e dedicado a ela como fixo Suso Díaz. Aqui vos deixo un dos mellores poemas que se pode escoitar musicado na voz de Xoann Eiriz do poemario de Suso Diaz.
Ai Rosiña. "Abrimos os beizos á soidade das palabras , ós bicos secos , as bágoas derramadas neste deserto , onde ficamos atrapados . Rosiña ,dame un consolo para este dolor que eu sinto . Mares de versos , mares de imaxes e pensamentos sen destino certo , palabras núas , nuas palabras sen nós onde brúa algo de nós . Rosiña ,dame un consolo para este dolor que eu sinto . Voz deshabitada que me acendes e habitas para ser ti algo máis que silencio "(Suso Díaz ) O certo é que escribín un libro de 85 poemas, "amada Rosalía", para ela, emulando o que fixera a nosa poeta cando escribiu os "Cantares gallegos", eu escollín un só verso dos seus poemas e escribín os meus. O libro aínda segue inédito, mais xa agromou estas fermosas flores.(Suso Diaz). Se che agrada este traballo, e queres ter o teu disco, coméntamo en mensaxe privada. https://www.facebook.com/suso.diaz

Comentarios

Entradas populares