JOSE ANTONIO FONDEVILA NO SEU LABIRINTO PICTÓRICO.

FONDEVILA NO SEU LABIRINTO MAXICO. O vindeiro venres día 17 as vinte horas no museo Ramón María Aller de Lalín, o artista JOSE ANTONIO FONDEVILA GARCIA, inaugura unha mostra mais do que bule e rebule no seu universo imaxinario pictórico. Natural da parroquia de Fiestras en Silleda, autodidacta, pinta dende sempre coma el mesmo me recoñeceu ao longo da conversa que amigablemente mantivemos ó longo da maña, primeiramente no Museo, durante a montaxe dos obras, como despois na súa casa e estudio mentres me mostraba os debuxos e cadras saídos deste infindo mundo interior que nos presenta en cada unha das súa realidades.
Pastel, óleo, acrílico todas elas cunha depurada técnica e coidado debuxo que plasman sobre a cartolina ou lenzo, vivencias y fantasías; experiencias e intuicións, conviven que se complementan mutuamente creando un vinculo entre o artista e a súa mente creativa, e o observador que busca respostas ás incógnitas e preguntas que Fondevila plantea en cada unha das súas obras . Incapaz de deter ese máxico rebulir de imaxes nas que enmarañase o seu pincel, nos contou como durante unha viaxe a Oropesa, tivo que quedar varios días sen saír da habitación do hotel por mor dun intenso temporal de vento e chuvia, tempo que aproveitou para pintar sen descanso, unha mais que curiosa serie na que o curiosa coma min, se adentra mergullando e buscando respostas ás inquedanzas en branco e negro ou a cor, que o artista formula en progresións xeométricas, espacios siderais, nos que xoga co tempo pasado e futuro, dende o principio do Big bam do universo. Fondevila nos presenta na súa obra sen cortapisas nin limites a capacidade de soñar nunha arriscada aposta que complementa cos seus cubos, xogos temporo espacial de aluminio, metal e madeira no que viaxar a través da nada coa imaxinación.
CAPÍTULOS VIVENCIALES/CUARTA DIMENSIÓN/IMPROVISACIONES DE DICIEMBRE/... Compoñen estas Series de obras inspiradas nas vicisitudes polas que pode pasar unha persoa ao longo da súa vida, Na obra de Fondevila o concepto tempo empregase coma algo permanente e estable, referente para mergullar na realidade existencia da materia e do espírito das cousas. Porque en Fondevila a necesidade de expresión e expresarse parte non dunha idea previa, nin pretende mostrar series repetitivas, nin estudios, coma o mesmo artista nos indica, se non que simplemente pinta pola necesidade de expresión libre de condicionantes.
En palabras de Pilar Taboada: FONDEVILA: LA METÁFORA Y SU ETERNA PAREJA, EL SÍMBOLO, NOS DESVELAN LA RIQUEZA DE SU MUNDO INTERIOR La obra de Fondevila refleja la voluntad de asumir los retos y compromiso del autor frente a la obra y su tiempo. Prevalece su autenticidad y voluntad de denuncia, de alerta, de invitar a la reflexión y a percibir lo que está más allá de la sinfonía del color, del lenguaje de los elementos de expresión plástica, de lo visual o lo sensorial y llegar al alma oculta de la obra. La esencia pura de la creación. Dende o vindeiro Venres día 17 no Museo Ramon Mª.Aller de Lalin.

Comentarios

Entradas populares