HISTORIAS DA TELEVISION EN BRANC O E NEGRO.

Dos primeiros tempos da televisión, destaco aqueles programas que marcaron a miña nenez, en branco e negro, con carta de axuste e sintonía de himno nacional de desconexión e fundido en negro. Programas como os “Chiripitiflauticos”, Bonanza, Rin tin tin , Crónicas de un pueblo, que recordo víamos tirados sobre a alfombra do salón da nosa casa, os mais pequenos en tanto meus país se sentaban no sofá, diante dun novo televisor marca Telefunkel a Caixa tonta que dende aquela entraba nos nosos fogares acaparando toda a atención, e arrinconando as vellas radios das nosas cociñas, das telenovelas e o diario hablado de radio nacional de España.
Televisor en branco e negro que meu pai comprara en Córdoba, cando aínda non había moitas posibilidades económicas de destinar parte dos ingresos familiares a algo considerado naquel entón non imprescindible, aínda que empezábase a xeneralizar como medio de financiación e consumo popular as famosas ”letras de cambio”, un sistema de compra mediante financiación con intereses , un préstamo , baseado na capacidade de reembolso do prestatario, para o prestamista, naqueles tempos os Bancos; o Central, o Hispano, o Banesto, etc.
Os primeiros pasos da televisión Española, xa se deran na década dos anos 50, cando empezaron as emisión nos vellos estudios do Paseo da Habana, e posteriormente en Prado del Rey, As miñas vivencias e recordos, empezan na década dos sesenta, xa que Eu nacín no ano 1956, precisamente coincidindo coas emisións de Televisión Española que comezan de forma oficial o 28 de outubro de 1956 a las 18:15 horas en territorio español dende os pequenos estudios do Paseo de La Habana de Madrid. TVE inicio a súa programación en aberto para uno 600 televisores, todos eles da Capital do Pais, Madrid. Durante os seus primeiros meses a emisión diaria non excedía de 3 horas, alcanzándose as 4 xa o ano seguinte de 1957.
Fora no 1964 cando se inauguran os Estudios de Prado del Rey, o que implicaba unha nova forma de facer televisión con mais medios técnicos de persoal o que ademais significou a eclosión da idade douro dos programas dramáticos, con teatro y novelas televisados. Velaí quedan na memoria programas como ;Primera fila (1962-1965), Estudio 1 (1965-1984) o Novela (1962-1979).20 . Xunto coa incorporación ao medio televisivo de grandes Mestres e creadores como; Narciso Ibáñez Serrador (Historias para no dormir), Jaime de Armiñán, Adolfo Marsillach o Pilar Miró. E a posta en escena de series entrañables como; La casa de los Martínez (1966-1970) o Crónicas de un pueblo (1971-1974).
Foron estes anos nos que os concursos cautivan a atención dos televidentes y espectadores; X-O da dinero (1959-1960), Cesta y puntos (1965-1971). Un millón para el mejor (1968-1969), Un, dos, tres...Responda otra vez (1972-2004). Programas de enorme repercusión sobre todo entre as nais e mulleres daquela época, as “Amas de casa”, condenadas ao coidado da familia, o marido e os fillos, que atopaban nelas una imprescindible vía de fuxida e escape, cara o mundo interior dos somos inalcanzables nas súa vidas. Programas do marujeo que diríamos hoxe en dia como foron os; Ésta es su vida (1962-1968) o Reina por un día (1964-1965).
Tampouco debemos esquecer os esforzos realizados por atender, educar e atraer aqueles nenos da época, de pantalón curto, botas de marca Gorila, e de xogar as bolas, o trompo e a pinche carneiro, e policías e ladróns, entre os que me incluído, con programas como : Día de fiesta (1965-1969), coas marionetas de Herta Frankel, e a cadela “Marilin”, Los Chiripitifláuticos (1966-1974), con Locomotoro, conductor de todo menos del codo. Valentina, fina como una sardina, el Tio Aquiles, ou o Capitán Tan, que parec e un rataplán, e os malos malísimos Hermanos mala sombra, ….”Somos malos de verdad, somos como una espina que solo sabe pinchar, y mas malos que la quina.”
Tempos pasados que nunca han regresar, historia da nosa historia, os nosos mais intimos e entrañables recordos compartidos en familia, moitos deles xa hai tempo que por desgracia non nos acompañan, pero cando botamos una ollada para atrás coa axuda dose vellos álbums de fotos, moitas delas en branco e negro, regresan dende as sombras o noso carón e traen con eles un sopro de vida, dende o frío outro lado do cristal daquelas televisións coas que nos fixemos, sen decatarnos, os homes que agora buscan nun recordo silencioso, e íntimo aquel neno do pasado.

Comentarios

Entradas populares