IN MEMORIA- XOSE CARLOS GÓMEZ ALFARO


Confíteor:

"Este é o meu longo cáliz,

aquel que Ti me deches sen temor

cando cheguei á matria dos enganos.

Non sei se o fun enchendo

día e noite de golpes e clamores

ou se xa viña todo acugulado

de negrizos viacrucis pluriformes".



Souben do pasamento de Xose Carlos Gomez de Alfaro, fai un anaco, polo aviso do amigo Xose Vazquez pintor.
Grande amigo de Agolada, e os seus Pendellos, lembraremos sempre a sùa presenza no segundo encontro, co gallo da Homenaxe a D. Avelino Pousa Antelo, nos actos e no xantar posterior, acompañado pola sùa familia.
O poeta e profesor ourensán deixonos facendo o que mais gustaba , a defensa da lingua, a literatura e o ensino,estaba a participar como xurado, nun concurso con motivo do dia das letras Galegas, para nenos, organizado pola asociacion cultural Guardesa.
Desde os ceos do Miño do meu louro Ribeiro
hei de vir en setembro cal humilde romeiro......
(do libro Homenaxe ao trobador Xohán de Requeixo).
Descanse en paz.

Comentarios

Cuspedepita ha dicho que…
A miña ignorancia é moi grande, non coñecía a este autor, pero que me puiden informar despois de ver a nova da súa morte aquí, creo que as letras galegas sofren unha gran perda co pasamento de X. C. Gómez Alfaro.

Entradas populares