XOGOS DE NENOS



Aquela, como cada tarde, Ines e mais eu baixamos ata o areal da praia.
O sol estaba a piques de agacharse trala cima da serra
e os dourados raios reberberaban nas augas salgadas do noso mar, confundindo a liña do horizonte cunha bermella e sangante ferida da pel.
Apenas deixabamos de ser nenos e empezabamos o que ia ser o noso camiño lonxe xa un do outro; home e muller adultos, pero iso ainda non o maquinabamos.
Daquela eramos felices .
Xogabamos a revolcarnos pola area mollada, e riamos desenfadados, inocentes e sen complicacions futuras , o maña non existia....A vida polo diante.
Atopei a cunca dunha caracola, a mais fermosa que xamais atopara.
Toma dixenlle, se a pos na orella escoitaràs sempre o ruido do mar e che acordaras de mi.
Ela miroume, colleuna con dulzura e bicoume nos beizos, apenas un roce electrizante para mi.
O dia seguinte marchou de supete e sen despedirse, cara unha desas odiosas cidades, da meseta e nunca mais volvina a ver....
Dias despois cando fun ca miña nai a que fora a sua casa, a facer limpieza, atopei a caracola, esmagada sobre a mesa do comedor, e senti como o meu corazòn se rompia en mil pedazos para sempre.

Comentarios

Cuspedepita ha dicho que…
En Barreiros hai un lugar que os meus fillos e eu chamamos " a montaña das cunchas", na praia do Altar.
Cando ía frío para estar na praia, iamos alí buscar caracolas :-)
Agora medraron e imos menos, pero algunha vez aínda sí... Para min segue tendo o mesmo encanto iso de buscar cunchas :-)
Angel Utrera ha dicho que…
Pois eu sigo buscandoas ,e cada vez que camiño pola praia, non poido deixar de coller algunha. CArmen sempre, dime que estou tolo, sempre collendo pedras, e cuncas.......
Tal vez, quizais, non madurei dabondo, e ainda teño esa frustracion da nenez...
A Conxurada ha dicho que…
Que crueldade de rapaza, aínda que máis que rapaza eso era un becho.

Entradas populares