CURUXÁS.....UN DOS ULTIMOS FUXIDOS.

Curuxás, o último guerrilleiro?
Mas quem era esta persoa, este luitador?Ramón Rodríguez Varela naceu en Toques en 1904, e fixo parte do Sindicato Mineiro da CNT en Lousame. A partir de 1936 acada sona como guerrilleiro baixo o alcume de “Curuxás”. A súa primeira acción de envergadura foi roubar a nómina da mina o 14 de Abril de 1937. No 1941 escapa dunha ciada na sua casa familiar matando un garda civil. Andou cun grupo vencellado ás sociedades agrarias e obreiras polas terras do Alto Ulla, na A Golada e no Barbanza. Colaborou coa IV Agrupación do Exército Guerrilleiro e cos restos do Grupo Neira.
Como puido morrer Curuxás de morte natural en Toques no ano 1967? Como puido sobrevivir a ditadura franquista, á sua represion durante mais de 30 anos?


Amigas e Amigos, mando aviso da homenaxe ao guerrilleiro Ramón Rodríguez Varela (CURUXÁS), que foi o sábado, día 27 de xuño 2009, en dous actos que tiveron lugar na vila de MELIDE (sala de conferencias da Biblioteca Municipal, edificio Multiusos) ás 19:00 hs. coa participación de Carlos Parrado, autor do libro "Curuxás, o guerrilleiro que non cazou Franco" ( editado por A Nosa Terra); e do profesor Velasco Souto, da Universidade da Coruña. E de seguido, o segundo acto, en TOQUES farase a descuberta dunha pedra e placa de bronce no adro da parroquia de VILAMOR, en honra á súa memoria, ás 20:00 hs.

Os actos están organizados polo colectivo que no pasado ano honrou do mesmo xeito a Camilo Díaz Baliño e Sixto Aguirre (Sixto de Rianxo), que apareceran asasinados no ano de 1936 na cuneta do lugar de Saa, parroquia de San Pedro de Meixide, concello de Palas de Rei.
A coordinación dos actos corresponde á Asociacián Cultural Terra de Melide (Mingos Fuciños como enlace para máis completa .


Lamentablemente Eu non poiden asistir, por mor das Festas de Agolada, na que estaba inmerso como organizador dos xogos para nenos, e xogos ca Bicicleta, pero non podo deixar pasar sen facer referencia ó traballo magnifico pola recuperacion da memoria do noso pobo e nosa xente, que alguns fan.

Comentarios

Entradas populares