CANDO EU ERA NENO....













Dende sempre creo e defendo as utopías, os soños imposibles, os mais inalcanzables desexos por absurdos que parezan.
Creo na xente, e penso que a inmensa maioría das persoas, son boas, honestas, sinceras e traballadoras.
Creo na historia, nas tradicións, e costumes dos pobos, na forma de sermos e comportarmos como colectivo, cunha lingua propia, unha cultura ancestral e un modo de vida cada vez menos singular, mais global, uniforme, e polo tanto carente de personalidade diferenciadora e atractivo os meus ollos, como ata agora foi sempre.
Creo firmemente na liberdade, tanto de expresión, como de manifestación, opinión, relixión, ideoloxías ou sectarismos que sexan capaces de respectar os discrepantes, polo que condeno abertamente os intransixentes, intolerantes, e salvadores da patria.
Aborrezo calquera forma de dictadura e represión; tanto material, como a que è peor a de conciencia, que nos obriga a calar, por medo.
Sempre crin nun mundo mellor, un lugar mais pacifico e fermoso para deixar como herdanza os meus fillos, en liberdade.
Creo no amor, confío na xente e sinto que ninguén busca facer dano o veciño, polo pracer de facelo.
Defendo a familia e a amizade, como medio de realización das nosas inquedanzas, esperanzas , realidades e futuros, e añoro aqueles anos nos que os avós, pais, e fillos convivían e intercambiaban as súas experiencias sobre a vida, enriquecéndose como seres humanos.
Creo que non hai nada mellor que un bo libro, unha boa melodía, un bo conto ou historia narrada e escoitada o redor do lume da lareira nunha noite escura de xeada.
Creo nas conversas dos vellos mentres botan unha partida de cartas ou dominó, no bar.
Creo na vida, e abomino da morte. Creo que non existe ningún tipo de morte que sexa digna, mais ben e miserable e indigna
Creo que vivir è un intervalo moi corto, entre o no ser e o desaparecer.
Creo que non é certo que os homes non poidan chorar, mellor nos iría se puidéramos expresar os nosos sentimentos con naturalidade: Tocar, bicar, abrazar, rir ou chorar.
Creo que cando un é neno o tempo pasa moi amodo, e demasiado á presa cando xa non temos modo de atrasalo, por moito que se quera.
Creo nos olores e aromas, nas flores, nas augas salgados dos mares, no branco da Lúa, e a sinxela pureza dos copos de neve mentres no inverno cobren os prados.
Cando Eu era neno, non cría que un día deixaría de selo, e que xa nunca mais ía volver a ter fantasías e soños de corazón limpo, capacidade de asombro, e a ledicia polo novo día. Hoxe sei o equivocado que estaba.
Quería crecer e ser maior rapidamente, para poder facer tantos cousas como entón pensaba, e agora; o que Eu daría por recobrar o tempo perdido e estragado inutilmente.
Agora gustaríame ter outra oportunidade e volver a ser aquel rapaz que esquecín e traizoei fai moito tempo.
Pois si, digo e declaro que creo na palabra. Sigo a crer na linguaxe dos ollos. Creo e desfruto do silencio, e gustaría abrir o baúl onde gardo entre teas arañeiras o tempo, os atardeceres vermellos de outonos en folla seca e frío do norte; as vellas fotos en branco e negro; os contos de vellas,e as cores do ceo.
E por riba de todo creo no meu pasado de neno e no meu futuro de cego.

Comentarios

Gelu ha dicho que…
Buenos días, Ángel Utrera:

Espero que sigas abriendo el baúl, para poder contemplar atardeceres, fotografías en B/N y color, leer cuentos,...
y 'Creo' que sigues siendo el niño que fuiste.
Hacer un comentario resumido sería casi imposible con estas 12 ilustraciones que has puesto, porque cada una de ellas da de sí para un libro.
Volveré en otro momento.
Te dejo unos enlaces, que me han evocado las fotos:
Nº 5,del gran fotógrafo Martín Santos Yubero, que parece sacada de una escena -a la española- de la película La Guerra de los botones. y la
Nº11 Canción de los Chiripitifláuticos

Un abrazo.

P.D.: Por cierto, el baño en 1966 en las aguas almerienses de Palomares debía tener maravillosos efectos, al compobar la vitalidad del Sr.Fraga.

Entradas populares