DESEXO.


Vinme no espello do baño tal e como estou agora
aquí tendido, na súa cama suada
despois de ter feitolo amor
así espido;
o sexo fláccido colgando coma unha pinga de chuvia
das arbores pintadas de outono
o pelo  revolto
e o meu corpo deforme e emboutado
en graxas xeneroso e sobrado,
o ventre avultado de mais
e as pernas tortas coma un monicreque de feira.   

E case que inconsciente
deixei fuxir un berro horripilante,
 unha gargallada a destempo
que escorregoume vistosamente
pola comisura entreaberta dos meus labres
ata sentirme noxento, indesexable, putrefacto
coma un cadáver.
E mentres vaciaba a vexiga
entrou ela, luxuriosa, apetecible, cálida
abrazoume por detrás pegando os seus peitos brandos
a miña espalda.
O seu pubes  refregábase contra lo meu traseiro
e coma un autómata, nun acto reflexo e inconsciente
os meus dedos se perderon no interior da súa ferida quente da vida
xogando co clítoris mollado sen reserva
ata sentir a súa respiración acelerada 
en tanto sentín coma a súa lingua buceaba en todos e cada un
dos meus mais escuros recantos
paralos que  Eu era un descoñecido
e a súa man avariciosa empezaba o xogo de novo 
movéndose ritmicamente
arriba e abaixo sen descanso
atrapada  a miña verga renacida polo encanto do desexo
nun dislate pretérito de pracer e sexo
no que me afundín rendido
ata que nun espasmo  derrameime alasando

saciado na súa boca cálida
atragantada do meu semen estéril
tan desexado coma inútil e espeso.

 

Comentarios

Unknown ha dicho que…
Pois eu sintoo o mesmo!

Entradas populares