NON É SÓ ISO.......

Non é só
que sen ti non saiba respirar
dígoche que non sei vivir,
e non vivo.


Non é só, sequera
que sen ti estea durmido
anestesiado, inerte, borracho
ou quizabes baleiro, ausente, perdido.
Non é so que sexa a morte
o meu destino.
É que sen ti todo
semella ouvido, cansazo, medos.
Non é que non atope sentido
as cousas do día a día
as miradas cómplices
as apertas de corpos espidos
as bocas ansiosas de linguas fundidas
o amor en débeda pagada.

 Non é so vivir agachado
vagabundo, neste delirio.
Non é que te vexa nas sombras escuras
das congostras dos camiños.
Non é que bote en falta os teus bicos doces
o teu alento cálido
os teus susurros, os xemidos roubados.

E, meu amor, que non teño razón nin sentido ca vida se me escapa entre-os dedos
dende o corazón ferido
tan de cansazo vencido e certo.
E que teño so bágoas, marmullos de fracasos e nostalxias
e boto en falta os teus aloumiños.

Comentarios

Gelu ha dicho que…
Buenas noches, Ángel Utrera:

Feliz Año Nuevo 2013
Te dejo un poco de música para acompañar tu poema.

Abrazos.
Mar e Lúa ha dicho que…
Non hai nada peor que esa sensacion de falta de sentido no dia a dia... Gustoume moito o poema, unha aperta!

Entradas populares