EU
Eu son dun tempo
e dunha terra
inexistentes
promesa de futuro
inalcanzable
silencios de
congostras e sendeiros
noite de pedra
interminable.
Eu son un ninguén
borrosa e tenue liña
do horizonte
area mollada das
praias solitarias
vagalumes dos prados.
Eu son Eu
nada mais, ni mais nin
menos.
Aquí e alá así o
proclamo
o escribo
e o reclamo como lo
meu dereito
a chorar bágoas negras
de sangue quente.
Río e me transformo
nun sorriso limpo e
franco
coma a noite na que somnámbulo
vago e da que quero fuxir
coma o preso na torre
encadeado
e berro unha e mil
veces
de mil e unha formas
diferentes
e rompo o cristal
verde dos enganos
e tamén de cando en
vez
Amo,
gozo da vida que se
me escorre
éntrelos dedos
e sinto que son dun
tempo xa pasado
e dunha terra esquecida
que me agarda
no outro lado do muro
branco de cal
cemento e barro.
Desexos en cinza
convertida
dos meus osos
estragados.
Comentarios
Venía pensando en Alicia y me encuentro con estas fotografías de verde con maderas y piedras húmedas y abrazadas de musgo, y tu retrato escrito.
Esos lugares son preciosos, pero creo que conseguirían ponerme melancólica si viviera en ellos. Necesito sol.
Siempre he pensado que en Rosalía de Castro y su poesía, había mucho de su paisaje.
Un abrazo.