AMAR O ODIO.

Amar o odio
Odiar
Sentir o odio coma un salto o baleiro
a nada intermitente
ou un berro inacabado quizabes
Odiar
Premer na escuridade
os ollos secos dos mortos
e soñar na procura verde da esperanza
ata espertar.
Odiar
mentres baixas pola senda trazada
contra todo, sen levar nada
nin recordos do pasado nin o maña
cara o vento camiñar
a golpes de rabia
chanzo a chanzo
coa furia dunha galerna, a tombos
e chegar ao mar frío e negro que chama
con descaro de asasino por ti
e con el afundirse éntrelas augas
sentirse un so corpo espido
unha soa sustancia;
As ondas salgadas,  Eu e o meu odio inesgotable
dos pantasmas.
E quedar como Corpo inerte invisible no fracaso
suspendido no amor e na desesperanza infinita do firmamento
envolto en celofán de odio
poderoso sentimento que doe e sangra
no que o corazón afogase no seu propio zume rancio
de desilusión e irrealidade viciada
Odio
borrosa imaxe que nunca remata
nin  atopa descanso éntrelos mortos fuxidos das sombras
e esquecidos na memoria estraña

tanto odio para nada.    




Comentarios

Entradas populares