DE NENO, EU XOGABA........





De neno
 Eu xogaba a facer coriscadas na madrugada
cos lazos das fontes, nas noites de xeada
ao despuntar o dia, agachado no lusco fusco.
Pensaba que alá enriba, na lúa grande
vivía quizabes outro neno coma min
e rifaba a tirarlle croios do río
e saía correndo a esconderme
 para que as que el me botaba non me deran.

De neno
Eu estaba seguro cos ananos do bosque
tiñan as súas casas nos cogomelos vermellos
con pintas brancas que traia debuxado o meu libro
de ciencias naturais,
pero nunca atopei ningún.
De neno
agachado tralo vento do deserto no verán
roubabamos os ovos dos niños de barro das andoriñas
non por facer mal
tan so estimabamos telos quentiños na mao
e sentilos así, tan fráxiles, cun latexo culpable.
De neno
escapaba da casa para arrombar coa tristura do crepúsculo amarelo
e buscar o agarimo salgado das augas de cores
nas que se bañaba nu o sol
no horizonte afastado co que soñaba acadar algún dia

xa home .



Comentarios

Entradas populares