MAGOSTO EN POESIA NOS PENDELLOS DE AGOLADA......

«Magosto en Poesía», tempo agolense para verso e castaña

Poetas galegos daranse cita esta tarde nos Pendellos de Agolada para compartir unhas horas gastronómico-literarias

4 votos
Dun roteiro cultural por Melide xurdiu a posibilidade de argallar un encontro no que se misturara poesía con castañas. Así chega o Magosto en Poesía, que ás seis da tarde, comezará en Agolada. Da organización fíxose cargo Ángel Utrera. O escenario, «o teatro dos soños; que son os pendellos onde te sentas e, se posúes a mínima sensibilidade eres capaz de escoitar as voces dos mercadeiros, dos arreiros e dos ferreiros cando estaban na feira», explica Utrera. E, como é tempo de castañas e noces, «nada mellor que facer este encontro de poesía, versos e palabra cunhas castañas, cunhas noces e con groliño de viño para acompañalas». Un encontro ao que está previsto acuda Marica Campos, David Otero, Carlos Negro, Xosé Vázquez Pintor, Alfredo Ferreiro, Manuel Teira, Teresa Ramiro, Cristina Gende... «Eu mesmo tamén recitarei algunha cousiña... Non pretendemos que a lista sexa excesiva para non cansar aos asistentes. O que quixemos foi contar con xente dispar, de distintos sitios: da Costa da Morte, da Barbanza, do Deza... Algúns querían estar e non poderán facelo por cuestións de axendas como é o caso de Luz Pichel, de Lalín, que está en Madrid pero súmanse todos a esta iniciativa de xeito espiritual; chámalle así».
Un Magosto en Poesía que busca só poñer en valor a poesía, salienta Utrera. «Buscamos xuntarnos uns amigos que valoramos os versos, comer unhas castañas, noces e mel e ese groliño de viño que nos axude a pasar estes tempos grises que nos están facendo pasar. As cousas pequenas da vida son as que máis satisfación nos dan».
Un encontro podería ter continuidade. «A idea é seguir. Existe unha fonda posibilidade de que se faga logo en A Estrada xa que David Otero, un home que leva moitos anos vencellado ao mundo da poesía e das verbas, ten moito interese en facelo. Tentaremos que a iniciativa se achega a outros rincóns».
A pesar dos pesares e malia o tempo de invernio que non nos deixou en todo o dia, hoxe un grupo de amigos, coñecidos e amantes da poesia, nos reunimos para desfrotar dos versos coa esusa do magosto- Castañas, noces, mel e viño e unhas tardes caseiras que nos souberon a gloria, e como non a musica de BICO DA BALOUTA e a palabra de .-Teresa Ramiro, CArlos Negro, Romina Bal, Diego Quintela, Cristina Gende, David Otero, Marta Pedrosa, Xose Luna Sanmartin, Constantino Regueira, Manuel Teira, Antom Laia......e dende Cangas Xose Vazquez Pintor.....
---Comentarios recollidos no noso Facebook, sobre o encontro xa celebrado.....










Comentarios

Entradas populares