ANXELES PENAS....(AMOR DESHABITADO....
ANXELES PENAS
____________________________
Nos teus ollos busquei a luz
máis só atopei territorios baldeiros
chairas tebregosas e anguria.
¿quen te chamou amor?
Un cheiro a cinza escoa do teu nome,
unha memoria maldita na que un tolo pallaso
fai viravoltas.
¿Que sentido tiña aquel ritual
a danza dos corpos
a enerxía debrocada no solpor?
¡E tantas rosas murchas que aínda
gardo en eiriñas¡.
(Anxeles Penas, Teixeiro 1943. Poeta, pintora,
especialista en lingua románica. No ano 2006 Francois Davò traduciu ao Francés,
a súa Anthologie poétique, selección da súa obra poética).
Debín camiñar por eses vieiros retortos para
chegar a ti
espida fiestra do infinito
espello limpo polo que foxen as imaxes
cara a ningures.........
(A entrada a acompaño cos fermosos debuxos de Egon Shiele. Artista do erotismo e o sexo, 1918.).
Ánxeles Penas naceu en Teixeiro (A Coruña). É licenciada en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago e en Belas Artes pola Facultade de San Fernando en Madrid; ademais, fixo estudios de música no Conservatorio da Coruña e de Maxisterio.No ámbito plástico ten a dobre faceta de escultora e pintora e leva feitas máis de cincuenta exposicións.
Ten no seu haber nove premios literarios, ENTRE
É membro de AULIGA (Universidade Libre Iberoamericana en Galicia) e pertence ao Consello asesor da revistaSerta, da UNED. Colabora asiduamente con revistas literarias COMO
A súa obra publicada inclúe os titulos Con los pies en la frontera (1976), Ya soy para tu muerte (1980), Galicia, fondo val (1982), O santuario intocable (1992), Fondo en malva, no colectivo dedicado a Miguel González Garcés, feito pola Deputación coruñesa.
Presentou comunicacións PARA
A súa obra poética ESTÁ
.jpg)

Comentarios