ONTE ........
arrebolado nas sombras dunha noite
mais
vencido na escura soidade dos pasos
cansos
e alí boca abaixo respirei anacos de amor estragado
pedaciños de estrelas que coma cristais ardentes
o teu sorriso de muller enchida doutras veces
para revivir un soño mais ao outro lado do pasado.
E sentín escorrenchar o velo doce do vento trala fiestra
morno e falcotrueiro chamando por mi cara a nada
mentres me afundía no teu recordo e no cheiro a vida
do teu ventre no que busquei o reencontro co pecado
como tantas outras veces cando nos deixabamos devagar
polo camiño da vida, como amantes.
E Eu sabia que sempre eras ti,por quen agardaba,
novamente o que anhelaba,
Fotografias dos fotogragos; China Hamilton, e Karpovich, e o debuxo de Egon Schiele.
Comentarios