A CAMA DE MEU AVÓ MANUEL SANMARTIN MÉNDEZ. (CELSO FERNANDEZ SANMARTIN."CELSIÑO")
coas
contras das ventá aberta
Vía
nacer o día
dende
o primeiro momento.
...........A
cama de Meu Avó Manuel Sanmartin Méndez..............
CELSO
FERNANDEZ SANMARTIN (CELSIÑO).
Un poemario no que o autor, Celso Fernandez
Sanmartin, o neto daquel que foi o propietario daquela cama, nos retrata en
forma de versos, relfexions, comentarios, perifrasis e recordos grandes e
pequenos, a súa visión do pasado, vista ao trasluz da ollada do seu avó, e como declara a modo de
aviso o propio autor, no limiar, que nos situa no lusco fusco do que ven unha a
unha nas paxinas a seguir do seu, noso libro...."querer coller a súa man,
tan fráxil coma a pel dunha claudia madura, das claudieiras do Rego de Prado,
en Bermes, tan forte coma para plantar e recoller, tan segura como para
calmar...
Esta é a historia da cama do Avó Manuel
Sanmartin Méndez, o mesmo que á volta da Guerra Civil, fuxido e perdido, voltou
coma xastre sen pegar un tiro..
unha máquina de escribir e mais unha escopeta
de caza
a máquina roubáronlla nunha parada
quedou a escopeta, inda está na casa
na que el naceu....
Entre tanto; Bermes, o seu o noso, o de sempre
non se moveu do seu sitio, e ali mesmo, naquela casa, naquela habitaciòn,
naquela cama, mesma de sempre, Celso
Fernandez Sanmartin, atopou a pegado do seu avo, e transformou esta sombra,
estes recordos, estas palabras, en versos que formaron un delicado, suave e
doce libro na que A cama do avó tan so resulta un pretexto, para fcernos
reflexioar sobre as importancias das pequenas cousas, esas mesmas que conforman
o noso impersoal, e infimo día adía.
Dicía el
que valía máis o que o sol
deixaba
que o que a auga criaba.
----------------------Saber é
distinguir o
vrau
dun montón de sol.-----------------------------
A
cama esta desmontada, as partes xuntas
os
largueiros en alto
a
cabiceira cadra cos pés
A cama foi dura e
fresca
o primeiro que
tivo foron táboas por somier
e despois metálico
Aboia
a cama nas medras do río
despois
de chover
A cama é o paxaro
que un día entroupor unha ventá das de diante .
Celso Fernandez
Sanmartin.-
(Lalín, 1969) Licenciado en Filosofía pola Universidade
de Santiago
de Compostela. Poeta, narrador oral, horticultor,
sociable, solitario.
Ten publicadas as obras:
Divagacións iú (edición de autor, 1991).
O tigre das cenorias (edición de autor, 1994).
(sen título) (edición de autor, 1995).
Propiamente son captivo (Letras de Cal, 1997).
Fucsia, talladas, estampados, boca (Imprenta Librería
Alvarellos,
2001).
Así mesmo teño colaborado en mais dunha ducia de obras colectivas.
Poeta
narrador das historias cotiáns, Celso Fernández Sanmartin;
"Celsiño", e o mellor "conta contos" e valedor da narración oral, na actualidade do noso Pais, sen dúbida algunha.
"Celsiño", e o mellor "conta contos" e valedor da narración oral, na actualidade do noso Pais, sen dúbida algunha.
Nado en Lalín, leva
anos recorrendo incansable co seu caderno e a súa mochila, os
camiños, congostras e corredoiras da memoria da nosa xente, transmitindo dun
xeito coloquial o saber desta cultura milenaria, a narración oral, que vai en
verso as veces, en prosa sempre, de avós a pais, e de pais a fillos, para non
se perder e quizabes como o tesouro mais valioso da nosa cultura popular.
Tal e como ben
escribiu hai anos a profesora da Universidade Central de Barcelona; Helena
González..."Celso ofrécenos unha poesía que se pode ver, pódese ulir,
tocar e que ten sabor, porque o mundo sensorial estase a converter nas súas
palabras, nun revelador mundo máxico do oculto, ata o punto de que os seus
versos non escapan a dimensiòn memorística que agocha tamén a literatura
popular e na tenrura que permite o autor volver os seus ollos o que os demais
resúltanos invisible".
Tan invisible coma
nos mesmos, os que Celso escoita, escribe e conta agarimosamente os seus
versos, lendas, contos e historia, sen descanso.
Comentarios