BIBLIOTECA ABERTA.
AO PÉ DO FRELO
A BIBLIOTECA
ABERTA .
Recoñezo que no
tema dos libros milito abertamente no campo da imparcialidade dos que os aman
ata a morte polo que inevitablemente non podemos resultar xustos nun debate
sobre as súas virtudes ou defectos, sempre voume decantar a favor do libro
aínda que sexa malo.
Dende que ala os
meus dez, doce anos, escapabame da casa para adentarme nos pasadizos do vello
mercado popular das rúas do barrio da Elvira, en Granada, preñadas de meos de
gatos e sombras, e ía o posto do Manolo
o periodista, porque vendía periódicos e revistas, a cambiar os tebeos xa lidos
por outros novos e dous reales, a miña fidelidade e devoción pola lectura, os
libros e o seu característico cheiro a tinta e papel, "Chanel do numero
cinco" para min, foi inquebrantable e substituída anos mais tarde polo cartón
dun rústico carne de biblioteca con foto, da biblioteca municipal dos"
Cuatro Caminos" alí, baixo o
adefesio do coñecido escalectrix
madrileño , onde chegamos todos nos cos meus pais.
Co tempo ía ser a Biblioteca Nacional, cos seus
inmensos fondos editoriais tralas escalinatas de mármore e as columnas
neoclásica a que acollería os meus
desvaríoos de coñecer e ler coma un rato de biblioteca mais perdido entre as
inmensas estanterías cargadas de saber que semellaban chegar ata o ceo e que
nas tardes frías de saraiba e rúas molladas gustaba en fantasiar pensando que aqueles pasillos e pasadizos eran ideais
para rodar unha película de suspense, e aquelas mesas de madeira nobre e
lustrosa polo roce de tantos lectores.
A miña devoción e
fidelidade polo libro fora apuntalada pola librería Lecto da cidade
universitaria e a súa creación da "Conta libro". Ti podías comprar os
que precisabas e tan so tiñas que pagar 25 pesetas ao mes. Anos mais tarde xa
vivindo en Noia, recordo contarlle o vello libreiro Sr. González, na desaparecida
libreira da rúa do Vilar, o conto, e como el, sen coñecerme de nada, agarrou un
enorme libro de contas e coa súa pluma e trazo firme non tardou un segundo en
preguntarme; Nome, dirección e canto quería pagar ao mes, dende entón volvín
ter conta libro aberta en tanto el gañou un admirador fiel e un novo cliente.
Quizais por todo
iso, non ten mérito que agora copie, salvando as distancias, a idea do meu
admirado Federico, por suposto García Lorca, e a súa Barraca, coa que ía
recorrendo pobos e lugares levando o seu teatro, os libros, a cultura do pobo
ao pobo.
Puxen logo en marcha a miña Biblioteca Aberta.
Libros gratis, para todos e de todos como arma de destrución masiva da ignorancia.
Colla un libro e déixenos outro que xa non precise, e que pretende facer
itinerante polos camiños, lugares e aldeas do noso concello, se cadra e me
deixan. Todo tipo de libros, novos, vellos, grandes pequenos, contos, novelas
de aventura, etc.
Poñan un libro na
súa vida para ser mais felices, ou alo menos estar menos so.
Angel Utrera
Comentarios