INDIANOS. (LUCES DA ILUSTRACIÒN).
A maioría dos
centros foron gratuítos, progresistas e aconfesionais nunha época de poucas
liberdades, non podemos esquecer como por exemplo escola coma a de San Adrián
da Veiga, en Ortigueira -a primeira, ademais, en publicar unha revista propia-,
pechou durante a ditadura de Primo de Rivera pola súa defensa acérrima do
laicismo. Chama a atención que xa no ano 1919 estréase unha escola para nenas,
que comezaban a emigrar, o que xa pon de manifesto a sensibilización existente
nun momento tan difícil para a muller, como aqueles tempos, acerca da
importancia da educación, tamén feminina.
O profesor
Vicente Peña Saavedra na súa tese doutoral sobre estas escolas de americanos,
calcula en uns 225 os centros mantidos grazas as remesas dos emigrantes,
continuando coa iniciativa que comezaran a mediados do século XVIII, en
principio movidos por fins altruístas e xenerosidade, desexo de ostentación
cara os seus veciños e amigos, no seu afán de amosarlles o éxito acadado alén
dos mares, grazas a súa emigración, e dende logo a necesidade de cambiar a imaxe que deles se tiña no novo
continente, como de persoas analfabetas, carentes de preparación, duros e de
poucas luces, decatándose das implicacións negativas e pexorativas que carrean
a falla de preparación dos novos emigrantes que continúan chegando ante o
efecto chamada dos que xa están alí establecidos, tratan deste xeito de axudar
a superar a situación estrutural do noso Pais, sumido no atraso, as
dificultades económicas, a pobreza, o illamento, en resumo o desprestixio e a
marxinación social de Galicia, mediante a creación do principio básico da
educación, a escolarización dos rapaces/as. Xurde deste xeito e grazas a eles
un novo concepto de escola rural.
Fai logo,
mais de cen anos, no noso Pais asistimos
ao desenvolvemento dunha das experiencias de escolarización popular máis
xenuínas e importantes de cantas se
teñen rexistrado na súa historia. Esta iniciativa agromaba nos escenarios da
emigración transoceánica, impulsada polas sociedades de instrución que
comezaran a tomar corpo en varios daqueles espazos case ao mesmo tempo, á
altura de 1904.
A
importancia e relevancia que para o noso Pais tiveron estas escolas de
Indianos, moveu hai uns anos a creación do Arquivo da Emigración Galega,
promovida polo Consello da Cultura Galega en colaboración coa Secretaria Xeral
de Emigración da Xunta de Galiza, proxecto que coincidindo co centenario da
fundación das sociedades galegas de instrución de América, deu lugar a
exposición Luces de alén do mar, onde se recolleu unha boa parte deste legado cultural e
educativo dos indianos realizado o longo de Galiza.
O inxente
traballo de localización, catalogación, e posta en valor destas
edificacións, nun ficheiro arquivo coas
características arquitectónicas, localización, historia e todo cando se poida
referir o feito en se mesmo foi recentemente realizado polo mencionada profesor
Vicente Peña, no seu traballo para a USC. As escolas da emigración (Un proxecto educativo de valorización do
patrimonio).
Neste traballo, e falando xa
especificamente para a nosa bisbarra do Deza, atopamos ata deza sete
edificacións, das que unicamente quedan dúas como legado filantrópico particular,
e cinco procedentes de organizacións societarias educativas en Lalín, dúas en
Agolada; a de Basadroa en Eidian procedente da obra filantrópica privada, e
outra, a de Ventosa, de orixe societario. En Vila de cruces ase mesmo unha e
dúas procedentes de organizacións societarias, e finalmente en Silleda tres,
unha unicamente en Bandeira e outra en Rodeiro, todas elas creadas polo
asociacionismo societario educativo.
Mais
non era o máis frecuente na Galicia de comezos do século XX, que arrastraba
taxas de analfabetismo superiores ao 50% da poboación aínda en 1920. Boa parte
dos novos nenos e nenas, estudaron nalgunhas das 25 escolas creadas por Vivero
y su comarca, unha sociedade de mariñanos emigrados na Habana, o
mesmo que en Ares Betanzos e mesmo a bisbarra Ferrola, entre outros moitos
puntos da nosa xeogbrafía.
O
que non saíu das arcas municipais saíu do peto dos galegos do outro lado do
océano. Entre finais do século XIX e 1936, indianos e emigrantes organizados en
sociedades construíron cerca de 400 escolas en toda Galicia, a maioría nas
comarcas de Ortigueira, A Mariña, O Deza e o Baixo Miño. Dende finais de 2008,
un grupo de investigadores tutelado polo Consello da Cultura e presidido por
Vicente Peña Saavedra, historiador da educación, identifica e cataloga cada un
deste centros, a maioría reconvertidos en centros socioculturais. O obxectivo
de Escolas da Emigración, título do proxecto, é o de
recuperar a maior información posible -regulamentos internos, fotografías,
programas didáctico e mesmo fichas arquitectónicas- duns centros que non sempre
funcionaron baixo réximes democráticos e que, sen excepción, cambiaron de rumbo
co estalido da Guerra Civil.
A
Habana e Montevideo. Malia ser unha das provincias con máis emigrantes, Ourense
era a mellor dotada en escola pública: favorecíaa unha norma de 1856, a lei
Menayo, que obrigaba a crear unha escola por cada 500 habitantes. A
dispersión e o tamaño reducido dos núcleos lugueses, pola contra, deixaba boa
parte da provincia sen lugares estables nos que aprender. Por iso, antes de que
se materializasen os proxectos de Cuba e Arxentina, algúns pais pagábanlles aos
cativos escolas de ferrado,
itinerantes, instaladas en casas particulares e mandadas polo veciño máis
culto. "Podía ser o cura, o sacristán ou outro calquera", describe
Peña. Por iso a dos americanos, que
esixiron mestres formados para impartir docencia, foi a primeira iniciativa de
escolarización exitosa que coñeceron moitos fogares encomendados á emigración.
Tanta
era a esperanza que as familias depositaban na diáspora, que as escolas nadas á
sombra do éxodo impuxeron algunhas asignaturas nunca antes vistas, pero
esenciais ao entender dos emigrados. Historia de Arxentina estúdabase na Escola
do Val Miñor, a máis adiantada de cantas existiron e paradigma galego do
espíritu insuflado pola Institución Libre de Enseñanza. Fora creada en 1914
pola sociedade de Instrucción Unión Hispano-Americana Pro Valle Miñor, de
filiación arxentina, e contaba con biblioteca propia, obradoiros de carpintería
e agricultura, clases nocturnas para adultos, imprenta, comedor e mesmo un
proxecto de transporte escolar que nunca chegou a materializarse.
Ningún
destes servizos existía nas escasas escolas públicas de comezos do século XX,
ubicadas sempre nas cabeceiras dos municipios. "Estas escolas xorden da
simbiose entre os movementos renovadores españois, como o da Institución Libre
de Enseñanza, e os chegados do outro lado do mar, que os emigrantes amoldan ás
súas necesidades", explica Peña. Esas necesidades impoñían, ademais,
clases de comercio para os futuros traballadores de Bos Aires e A Habana e de
labranza para os que quedaban, leccións prácticas, sempre utilitarias, para
aprender a sobrevivir ás veces moi lonxe da casa. En 1919 estréase unha escola
para nenas, que comezaban a emigrar. É entón cando os ausentes se sensibilizan
coa educación feminina. Malia que dende o nacente nacionalismo se criticaron
estes programas de estudo por ser berce de emigrantes, segundo Peña este era o
problema menor porque "a emigración non se podía cortar do día para
mañá". Bos coñecedores da experiencia migratoria, Antón Alonso Ríos e
Ignacio Ares de Parga exerceron de inspectores e defensores das escolas dos
emigrantes.
A
maioría dos centros foron gratuítos, progresistas e aconfesionais nunha época
de poucas liberdades. A escola de San Adrián da Veiga, en Ortigueira -a
primeira, ademais, en publicar unha revista propia-, pechou durante a ditadura
de Primo de Rivera pola súa defensa acérrima do laicismo. A da Liga
Santaballesa, en Vilalba, nunca puido facer realidade o seu proxecto de levar
ás escolas unha asignatura de historia, xeografía e lingua galega, porque a
lexislación da época non o permitía. "O idioma oficial foi sempre o
castelán. E máis aínda neste caso, porque preparaban emigrantes", apunta
Peña. A escola de Senra, en Bergondo, nin tan sequera abriu. Tivo a pouca
fortuna de ser inaugurada seis días antes do estalido da Guerra Civil. Ao
comezo do conflito foi incautada e convertida en sede dos campamentos de verán
da Falanxe e cando os veciños lograron recuperar a súa titularidade, nos anos
oitenta, só puideron tirar o inmoble e construír no seu lugar un parecido. Algo
semellante aconteceu co centro da Unión Mugardesa, que vén de recibir unha
homenaxe no colexio de primaria construído sobre as ruínas da outrora obra
emigrante.
O
pasado ano en Ares tivemos a oportunidade de visitar e admirar a mostra
desenvolvida polo Consello da Cultura Galega en
paralelo coas tarefas realizadas no campo de investigaciòn e divulgaciòn no marco tamén dun convenio de colaboración
entre o CCG e a SXE, organizouse a exposición “Luces de alén mar. As escolas de
americanos en Galicia” co gallo do centenario fundacional das sociedades de
instrución radicadas en América e dos centros de ensinanza que estas
implantaron e sostiveron nos seu lugares de referencia. Contouse para ela,
ademais de cos datos derivados do desenvolvemento do proxecto, cos fondos
gráficos, xornalísticos e documentais que posúe o propio arquivo. Despois de
dúas preestreas en Santiago de Compostela e en Ortigueira, no verán de 2012, a
mostra completa inaugurouse no Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega) o 6 de
febreiro de 2013. A partir de xuño do mesmo ano principiou a súa itinerancia
por outras localidades da comunidade autónoma e ata o presente recalou nunha
ducia delas. Desde a súa apertura, “Luces de alén mar” incorporouse como unha
actividade complementaria e unha peza primordial do proxecto As escolas da
emigración –consonte estaba previsto xa na fase de plantexamento desta–, e
dispón na súa páxina web dunha ligazón que permite descargar libremente a
edición ampliada do catálogo da mostra. Neste recóllense a totalidade dos
paneis que conforman a exposición (41), precedidos de tres limiares aos que
acompañan tamén unha escolma de textos de distintas épocas relacionados co tema
obxecto de tratamento e unha extensa bibliografía destinada a aqueles lectores
que queiran afondar nalgunhas das súas múltiples vertentes.
Cada
ano, na vila de Ares (A Coruña), tan aberta ao mar, e que tantos e tantos fillos,
o longo da historia veu facer a maleta e marchar na procura dun mundo mellor
alás "As Americas", recordase este pasado Idiano do pobo e as suas
xentes, e a enorme débeda de gratitude que Ares, ainda ten sen pagar na sua totalidade
para todos eles, que ninca esqueceron as suas orixes, e axudaron a que os que
quedaban tiveran unha vida mellor e un futuro.
A
Actualidade do edificio hoxe convertido
en centro sociocultural e que foi sede da Alianza Aresana de Instrucciòn, fálanos
daqueles tempos e da xenerosidade daqueles homes e mulleres, polo que benvido
sexa esta maneira de recordar e agradecer a aqueles indianos, o seu sacrificio,
en forma de festa conmemorativa, dende logo con moito mais fundamento e razón
de ser que tantas festas pseudo medievais que sufrimos ao longo e ancho de
Pais, durante o verán e que Eu mais ben vexo como mercadillos de lo absurdo ..,
,
Comentarios