PANDEMIA VIRTUAL

 

Artigo publicado no FARO DE VIGO (Deza), o Domingo doce de Setembro do 2020. 

Reproduzco seguidamente por se lle interesa a alguen o seu contenido sobre  esta a miña opiniòn, no tema do virus, e a Pandemia na que estamos afundidos sen remedio.

  


AO PÉ DO FARELO

PANDEMIA VIRTUAL.-

Dende que a principios de ano empezamos a escoitar falar de un estraño virus que enfermaba e mataba alá en China non hai día que non escoitemos ou leamos nos xornais un regueiro de novas mais ou menos axeitadas sobre esta pandemia que xa se ten cobrado a vida de arredor dun millón de persoas.

Estamos a vivir nunha situación especial na que despois do confinamento a sociedade, nos todos, tivemos que readaptarnos e aprender normas de comportamento sociais novas, e diferentes o que  está a ocasionar non poucos problemas de toda índole.



Non debemos esquecer co ser humano é un animal gregario e social que dende que se puxo en pé para poder outear a sabana Africana e deixou o modo de vida cavernario acadou o mínimo racional que nos diferencia do resto dos seres da creación e por ende a capacidade de pensar, analizar e racionalizar os sucesos fan de nos merecentes do infausto cualificativo de rei da creación.

Agora ben, nos últimos tempos estamos a escoitar desvaríos e sandeces dun nivel tal que nos fan pensar que perdimos, nunca tivemos ou tal vez sobre valoramos esa capacidade de pensar, esa intelixencia da que presumimos. Sobre todo cando algún iluminado incide sobre a estúpida idea dun mundo virtual, empezando polo ensino e se postula como defensor da asistencia ao cole dos nosos rapaces a distancia, dende casa cun ordenador; Irrealidade virtual.



Esquecemos que como animais sociais e socializados que somos, nos resulta imprescindible dende que saímos do ventre das nosas nais, a calor do contacto físico, as apertas, os bicos, as caricias, sentir a presencia dos outros, os amigos, os veciños, os mestres, en fin os demais, porque na soidade do noso dormitorio diante dun pc todo iso resulta imposible o diga quen o diga, aínda que sexa o presidente do mundo mundial de estúpidos as cubo.

Da arrepío escoitar  o que defenden algúns, que falan mais que pensan porque de aí á sociedade da que falaba Platón no seu mito da caverna, o mundo Feliz de Huxley, ou a sociedade teledirixida de Ray Bradbury hai un paso, tal vez cara ao fascismo individualista, no que a solidariedade é un conto, e o individuo por se a razón de todo, e sobre todo.



Malos tempos, sen dúbida estes para a poesía, os soños e o amor, porque tan so miramos caro ao bicho, pero cal?.

Angel Utrera.    

Comentarios

Entradas populares