UNHA FOLLA vermella. (LUZ BELOSO E MIGUEL ANXO ALONSO DIZ).

 


UNHA FOLLA ...vermella.

Ao longo dos séculos, na historia do home mesmo plasmada a través da súa escritura podemos atopar sen escaravellar moito nas areas dos desertos; a palabra, e por ende o pensamento que con elas se transmite, nas paredes das covas onde aqueles primeiros homínidos se abeiraban, nas pedras en forma de petroglifos inescrutables para nos, en forma de pictogramas, ou de xeroglíficos como no Exipto das dinastías dos Faraóns,  en táboas de arxila, tal e como fixeron coa escritura cuneiforme na antiga Mesopotamia, en madeira, en papiros, en libros incunables feitos a man en escuras e frías salas de esquecidos mosteiros durante os tempos das pestes no medievo e finalmente coa aparición da imprenta, xa é mais que sabido que a  vórtice das ansias de escribir atoparon o mellor dos medios posibles.

Teño visto, lido e falado de todo tipo de libros, novelas de aventuras, de ciencia ficción, a chamada novela negra policiaca, de intriga, de terror a histórica e un interminable etc.

Teño lido creacións de viaxes, obras de teatro grandiosas, libros de etnografía, historia e modos de vida de xentes e pobos, textos de investigación con sorprendentes teorías e explicacións, libros de culto e texto, aproximacións ao saber en forma de lendas, contos recollida e conservada pola tradición oral e a narración daqueles primeiros conta contos, os coñecidos Juglares das cortes e reis, dos nobres e señores da guerra medievais.   

E xa nos últimos tempos dos nosos dias, atopamos os coñecidos "Audio libros", os e books virtuais, e outros inventos nos que deixamos cada vez menos a imaxinación e a fantasía da literatura sacrificada pola comodidade do marketing comercial  e empresarial, porque vivir da creación literaria é case que un imposible.

Neste maremagnun irreal da nosa actual literatura, este totum revolutum que nos afoga no que mergullamos buscando algo novo, diferente e orixinal, un sopro de aire fresco  respirar que nos devolva a fé na sociedade e a súa capacidade critica de subsistir, atopar un libro como este que nos ocupa "Unha Folla  vermella, de Luz Beloso e Miguel Anxo Alonso Diz, é pouco menos que unha milagre.

Unha folla vermella, non é un libro, nin sequera un libro mais, en absoluto un libro que se poda ler dun tirón e se esqueza, iso sería unha aberración absoluta. Non é un libro de  aventuras, ni de ciencia ficción, nin de medo, nin do xénero policiaco, nin de investigación, non é un thriller psicolóxico, nin poesía ou teatro, nin sequera un conto o un libro de literatura infantil para nenos e grandes, porque ten de todo iso e moito mais en porcións, en anacos de amor que desborda ao lector, en pinceladas de sombras e luz, tanto nas imaxes que nos recrea Luz Beloso, como nas palabras que nos repite Miguel Anxo Alonso, e que nos fan non esquecer que:


Tras a noite chegaba o día.

Miguel erguíase en silencio.

Vestíase en silencio.

Almorzaba en silencio.

Unha folla vermella é de principio a fin unha profunda reflexión, unha sorpresa, unha explosión de desencanto que remata en unha folla vermella, quizais, unha ou  outra  das moitas que no nosos devagar polas congostras e corredoiras da vida, pisamos sen decatarnos. Follas mortas que caen das arbores e se apodrentan na melancolía dos outonos da vida,  transfórmanse de novo en vida, que latexa, e xurde dende a nada, para que todo mude e todo continúe igual nesa lenta e agónica letanía que é vivir.



Erguíase en silencio, Vestíase en silencio, Almorzaba en silencio.

E como Miguel, pretendemos chegar a conseguir, algún día sorrir ante o pensamento de saír da casa e quedarnos durmidos placidamente felices, 

porque; cantos de nos non estamos pechados nas nosas casas de cristal, sen vivir, sen sentir, sen mirar, sen amar, sen ser nada mais que seres invisibles, inertes, infelices translucidos, transparentes, incoloros e inodoros materia putrefacta sen sentimentos?

Unha folla vermella non é un  libro para ler, é unha reflexión en voz alta.

Con cada pincelada, en cada liña, en cada trazo suave, doce, delicado dos debuxos de Luz Beloso, en cada palabra sinxela, espontánea, natural de Miguel Anxo Alonso, hai mais do que ninguén podo imaxinar, tan so hai que querer buscar, e por suposto atopar esa mensaxe que  viaxe ao longo do océano agochado nunha vella botella de cristal, porque como ben din Kiko da Silva na introdución desta obra de arte;



Este libro "Unha folla vermella" creado por Luz Beloso e Miguel Anxo é para todos os adultos que se esqueceron de parar no seu día a día, a observar a cor dunha folla en outono que cae lentamente na beirarrúa cando imos ensimesmados nos nosos mundanos problemas.

Pois si, paremos logo, desfrutemos esta creación e sintamos que grazas a Deus, estamos vivos e queremos vivir apurando ata o derradeiro instante da nosa vida, porque é o único realmente noso, e cantas veces o esquecemos¡.

Cantos de nos .....



Ao cabo, sentaba na súa vella cadeira de coiro.

E, en silencio, comezaba a traballar......

Angel Utrera.

  

Comentarios

Entradas populares