O PAIS DA CHOIVA. (MIGUEL ALONSO DIZ. CON ILUSTRACIONS DE XOSE TOMAS)

O PAIS DA CHUVIA. (MIGUEL ANGEL ALONSO DIZ CON ILUSTRACIONS DE XOSE TOMAS). Imaxínate que un día saes da casa e todas as persoas esqueceron a súa lingua. Imaxínate que falan nunha lingua diferente, estraña. Imaxínate......Que farías? Unha folla vermella. O Xigante de Allariz. O Soño de Esther. Música no faiado. Entre outras moitas colaboracións e publicacións de poesía,. Artigos e contos e lendas para grandes e pequenos, que fan deste narrador, deste trotamundos da palabra e os soños, en forma de historia de vida, un autentico dinamizador, convencido e convincente da literatura con maiúsculas, sobre todo enfocada a nenez, coa que traballa tentando prender o lume da curiosidade innata do ser humano, a través de contos, imaxes de unha fermosísima e impáctante fermosura, nas ilustracións dos colaboradores que participan das súas creacións literarias , e que quedan atrapados o mesmo que nos deste xogo de malabares que Miguel Angel sabe facer coma ninguén, para que nos resulte mais que difícil deixar as paxinas dos seus libros, unha vez empezado a mergullar nas súas historias.
Este novo paseo pola realidade irreal, quero pensar Eu, do Pais da chuvia, nos traslada da man de dous rapaces coma calquera, Rosalía e Fonso, para prender en nos a dubida do que esta a pasar?, ogallá que non, coa nosa lingua. A Esquecemos?. A imos esquecer algún día non moi afastado?. A estamos a matar entre todos?. Na canción Imaxine de John Lennon, se nos falaba de Imaxinar que non existe o Ceo sen o inferno baixo os pés. ........Imagina a toda la gente viviendo el hoy... Imagina que no hay países no es difícil de hacer nadie por quien matar o morir ni tampoco religión imagina a toda la gente viviendo la vida en paz... Puedes decir que soy un soñador pero no soy el único espero que algún día te unas a nosotros y el mundo vivirá como uno.....
Logo no seu libro Miguel Angel xoga a imaxinar que todos nos perdemos irremediablemente, porque se deixamos perder algo que é tan noso como a lingua, a perda resulta irrecuperable e definitiva. Resistirse a durmir e morrer, e sobre todo esquecer....Perder a memoria. O libro O Pais da Chuvia, fálanos de todo iso, do que somos, do que sentimos, do que pensamos, do que temos e podemos perder, dos nosos recordos, a nosa memoria, o noso pasado e historia, porque como pobo somos insubstituíbles e se perdemos a lingua deixamos de ter unha dos nosos símbolos diferencia dores e único, porque na forza das palabras radica o pasado, o presente actual, pero sobre todo o futuro dos nosos fillos. Que somos sen a palabra?. Esta pregunta sinxela, quizabes reúne todo o contido, o significado a razón de ser deste fermoso libro do que hoxe falamos, cada quen ten a posibilidade libremente de buscar a atopar as respostas, claro que para elo mellor esquecer convencionalismos absurdos e darse respostas libremente dende o fondo do corazón, tal e como fai o autor na voz dos personaxes da súa creación a que pon cara Xosé de Tomas, mais que acertadamente. En resumo, un libro para pensar, para desfrutar e para compartir, sobre todo cos nosos rapaces, porque o futuro está nas súas mans. Angel Utrera

Comentarios

Entradas populares