OS PREMIOS ESQUIO.....NOS PENDELLOS DE AGOLADA.






Amigos nosos:
O día 21 de Abril, sábado a “SOCIEDADE DE CULTURA VALLE-INCLAN”, de Ferrol, quere honrar o noso Patrimonio de Feira Antiga na Arquitectura dos Pendellos d’Agolada, coa celebración dos seus 25 anos (máis un) de existencia, na coordinación do PREMIO ESQUIO DE POESIA (galego e castelán). No acto, a Sociedade promotora recoñecerá en agradecementos a ilusionada entrega de Julia Uceda (Sevilla 1925, residente en Ferrol )”alma mater” do certame, Premio Nacional de Poesía e que acaba de merecer nestes días o Premio Nacional da Crítica Española.
O programa ofrece un amplo panorama desde as 11:00 hs. ata máis alá da noite: Recibimento aos asistentes ; breve información histórica da Feira e dos Pendellos,segundo o roteiro, presentación do libro “POESIA VIVA PURA POESIA”,(Antoloxía dos Premios Esquío: 1981-2006), recital dos poetas premiados, conducido por Vicente Araguas; degustación gastronómica (agardamos a presenza dos irmáns estremeiros da Fala ,desde o Val do Xalima, coa súa mostra de productos identitarios: a fala, o aceite, viño, licores, doces, cerámica....).Xantar no restaurante Agolada (prezo 17 euros, confirmar asistencia nos seguintes enderezos, antes do día 16 de abril: mbusto@edu.xunta.es; e Bar Fina: 981-788168).
As 17:00 hs. prosegue a Festa da Palabra, a Pintura e A Musica, nos Pendellos,(hai unha carpa e megafonía de estrea, por se o tempo non axuda).
As 20:00hs. comeza o espectáculo “Editos e Inéditos-Poesia en Obra”, coa participación de cantos poetas queiran estar para o recital que consideramos primeiro na nosa ensoñación de facelo, desde xa público para cada ano (apuntádeos xa).Nel estarán máis músicos (compoñentes de A Quenlla, Casa do Antón Band, Quinteto de Violonchelos do conservatorio de Lalín, Bico da Balouta, Axóuxere, e os poetas que xa teñen confirmada a súa asistencia: María do Carme Álvaro, Ramón Caride,Mero Fernández Abella, David Otero,Elvira Riveiro Tobio, Angel Utrera...(por orden alfabética), e o acompañamento dos Artistas da Plástica Galega que honran na súa obra creativa os espazos desta arquitectura popular e das Feiras de Galiza, (Manolo Busto, Camilo Camaño Xestido, Xulio Garcia Rivas, Paco Lareo, Damian Paio, Luis Viñas, Wyli, Fernando Oro, Saul Otero...)
Queimada e troula sen medida.

Comentarios

Entradas populares