MARIA LADO


Da muller que foxe dos peitos.......


Teño mentiras amarradas á traquea
por iso cuspo en intentos de anorexia,
Teño unha bala proxectada no peito
e bótasme sal na ferida aberta.
Teño medo de que non saibas coser
con teas de viúva negra o meu corpo.
Teño o embigo medrado do medo
para alugarte mellor, se vés de roxo.
Teño cogomelos do pan no útero
teño queixo con furadiños nos pulmóns
teño chicharos insomnes na autoestima
teño instintos que me psicanalizan
teño sorte....de que me teñas.



...Do incesto edémico....


hai arañeiras de mitos fóra,
o asubio inexistente
o murmurar morboso
morden o valado do monte.
(Eva ve a rexión das serpes polo punto de luz)
E esvara...
Pola fria branca suave pel
(Eva amárrase á costela do novo ser)
Entra no ramallo da árbore salobre,
quece entre os peitos o froito,
renace da escuma das augas albinas,
e descansa sobre un enorme pene de herba,
xurdido do incrible océano.


Poemas ambolos dous do libro "A primeira visiòn, Letras de Cal 1997.Maria LAdo Cee-A coruña 1979, adicase profesionalmente o Teatro, vinculada ao batallon literario da Costa da Morte, a colaborado en numerosas revistas literarias, e volumenes coma Rumbo ás Illas, 1997, O entrelazo das palabras, 1999. Destacar a Antoloxia de poetas e a peninsula de Babel, ademais do seu primeiro volumen en solitario, A primeira visiòn no que destaca a presentacion do cotian, as cousas de cada dia, as mais inxinificantes, que gozan dunha nova dimensiòn nos séus versos,co ritmo do sincelo.

Comentarios

Entradas populares