A PORTA VERDE DO SÉTIMO ANDAR



Nove xeitos de traspasar a porta da poesia
Nove olladas que indagan na paixón ,no cotián, na memoria...creando espazos para recuperar o poder revelador da palabra.
Nove voces contemporáneas que nos conducen polo universo polimorfo do poema.
Abrir a porta verde do sètimo andar é entrar en nove mundos poéticos posibles e diferentes.
Adiante, a porta está aberta.....
(Asi deste xeito, tan suxerente, presentase o libro, tentadora oferta, imposible de rexeitar, mais ainda coñecendo a calidade dos poetas que a fan.)

Velai tedes a presentaciòn do libro "A porta Verde do sétimo andar"
de esquerda a dereita:
Luis Viñas, (O meu amigo Luis, Pintor e poeta de Agolada, fillo adoptivo de Vigo,)
Minus-balido (A. Rodriguez), Manolo Pipos, Alfonso Láuzar, CRuz MArtinez, Abilio Rodriguez, Rosanegra (Rosa MArtinez, ) e Alberte Momán.

Para mercalo......aportaverde@gmail.com

Comentarios

Lapis-vermello ha dicho que…
Ese libro ten que pasar a miña lista. Ahhh!! Encántame o teu blog.
Angel Utrera ha dicho que…
Pois alegrome moito.....grazas inmerecidas, pero dende logo que aprezo en moito que che guste, porque a tua paxina tamen e das mellores que eu sigo, e vexo mais dunha...
O libro fun este fin de seman a Ferrol, eu teño un curruncho por ala, e tentei compralo, pero ....ah misero de min, ai infelice: estaba pechado, xa ata os libreiros fan ponte...increible.
De calquera xeito podes pedilo por correo electronico, porque as libreiras que o ten, son poucas, e estan en Vigo , duas, Ourense unha e Ferrol outra.

Entradas populares