NO PAIS DOS MIL RIOS.........A miña exposicion fotografica en Santiago de Compostela.

No silencio obtuso das catacumbas
a escuridade e a nada
dos alleos osos
me recorda o esquecemento ruín dos mortos
mais alá da nostalxia do momento.
Na indiferenza do incerto
o ar inexistente
as sombras e teas de arañas
o tempo detido
o arrecendo ao po do podre
fálame do pasado, sen palabras.
E como cego
deambulo entre recordos descoñecidos
vomito, mexo, caio e me maldigo
entre putrefacción e sosego
e sigo e continuo camiñando
polo sendeiro inventado
cara o inferno
no que habito desvalido
como  habitante do tempo morno
arrieiro fantasma sen sentido.



Nesta terra ingrata e malparida
hai homes enfoulados
dun noxo borroso e avarento
que se adhire a pel
e nunca mais se vai
aínda que che botes
en berros e pelicas de sabor a fel
dende a pena dos furados
alí mesmo na cima do aire
onde os cantís do tempo morno
contra os que baten furiosas as ondas
dun mar salgado e ruín
pintado en espuma
e grises irisados polas gotas da chuvia
na que se rompen
cóma-los corazóns dos desterrados ao partiren
as augas frías e as rochas da terra do fin do mundo
na que a xente morre encadeada
ao vento do nordés
e a estéril gaiola enferruxada polo salitre atlántico
da que resulta inútil tentar fuxir
coma dos recordos e o pasado
no que se afunden nun tecer e destecer
os días e as noites; agardando
terras de alboio e furnas.






Dende hoxe dia vinte de Maio e ata final de mes quedan expostas no Centro Sociacultural do ensanche, na rua Frei Rosendo Salvado, en Santiago de Compostela, esta a miña terceira mostra fotografica, que leva por titulo NO PAIS DOS MIL RIOS, en total 72 fotos, en color e branco e negro, sonbre o noso Pais, os rios e a repercusion na vida, cultura e modo de ser da nosa xente. E sete poemas, da miña autoria, dos que vos deixo coma mostra estes dous......Despois cando rematemos aqui vemonos en Lalin, no Cafe de MILI . Por outa banda, vos recordo que INVISIBLES COMA NOS, continua na cafeteria Alameda na Estrada, ainda ata fin de mes.  

Comentarios

Entradas populares