ESPIRTE.........
Denudarte, espirte docemente
verte espida é soñarte,
desvelar o misterio desta entrega
consentida
iinfatigable
recorrendo en saliva poro a poro
o camiño ata o instante
se comparten como amantes
en un pacto incruento de pernas
entrelazadas
de bocas insaciábel
de mans ousadas e atrevidas
sen palabras
derrubados en sosego
corpo a corpo agachados no silencio
feitizo de amor e sexo.
Verte espida e apurar o sabor suave
da ferida que non doe
que brota dende a escura cova do teu
ventre
e na que durme a orixe do desexo.
Verte espida e recorrerte
perdéndose no labirinto da carne
e afundirse nela unha e mil veces
entrar e saír do teu corpo
baixo o meu peito tremente
nun combate sen sangue, sen duelo, nin
morte
buscando sen desmaio consolo
mentres te quito o vestido
mentres espida de todo
me miras
e Eu de novo te miro e te aloumiño
te admiro e digo o teu nome.....
Comentarios