MIGUEL ALONSO DIZ E A SU PORTA VERDE DO SÉTIMO ANDAR,

As veces a poesia en estado puro, en co maiusculas sae o teu camiño, pecha cunha cancela de palabras os teus pasos, e che obriga a ver, non so mirar, buscar, escoitar, tocar, sentir os soños en versos atarpados e voar xunto co silencio complice do autor nos seus poemas, como as sereas dunha Itaca calquera das nosas fantasias e teimas, pervertidas polo paso do tempo a saudade e os recordos inalcanzables dos ausentes, nestas congostras de humidas chairas nas que devagamos coma borrachos noctambulos buscando que?..
As veces, unha imaxe atrevida, en versos atrapadas te subuiga,  converteche en complice das esperanzas e irrealidades do poeta, e escoitas a sua musica, coma murmurio de fervenza salvaxe no teu oido trae refrescante as palabras maxicas ....ven conmigo e mergulla ata converter o teu fastio cotian, nunha aventura nova desta miña vida, a mesma que ti vendes, cada dia, mas ala das fronteiras bermellas dos oceanos esmeraldas. 


Enton tí traspasas a porta, esa mesma porta verde do sétimo andar, na procura dos versos ceibes, das apostas insensatas polos corpos espidos de falsidades e mentiras, que a palabra co seu ritmo cadencioso, coma ondas de auga salgada leva e trae intermitentemente sen descanso, esa mesma palabra que son os poemas ata agora descoñecidos. 
Deste xeito ti arrebolado nas areas quentes dos versos do poeta durmes placidamente unha e mil veces nunha viaxe fermosa e interminable dos soños, lembranzas e inquedanzas do autor, dende o primeiro ao ultimo parrafo.
Este poeta que che leva como detras da sua flauta maxica, Hamelin da poesia , que resulta ser  Miguel Alonso Diz, a través dos seus poemarios e libros de contos e lendas, para nenos grandes, para nenos pequenos, para todos os que nunca deixarémos de ser nenos, che fai vivir nos seus libros coma nenos dun xeito natural e libertario para que  vivimas nunha sempre esta nosa, sua  nenez perdurable e eterna.



A HISTORIA DA LINGUA DA FRAGA

Os vellos contan
que houbo unha serea
que tiña peixes no cabelo
e prata na pel
que dos seus beizos nacían fermosas historias,
nunha lingua 
que non lembraba ninguén.
Contan os vellos 
que estaba triste por non facerse entender,
e que por mor disto fuxiu río arriba
buscando morrer.

Que foi dela?
Os vellos contan 
que atopouna a Xoaniña,
boa amiga do cempés,
menciñeira no tempo libre
persoa amable e cortés
que en silencio escoitou a súa historia 
mentres tentaba comprender,
as belas palabras saídas desa lingua
preciosa e triste á vez.

Contan os vellos 
que a xoaniña xuroulle á serea
non a esquecer,
e é por isto que a lingua da nosa fraga
é un eterno canto de mel.


AMOR EN TE MAIOR

Ámote
meu amor
ámote,
e con esta afirmación
atrapo o teu corazón 
ente 
os 
meus 
dentes.
Quero alimentarme de te/span>
ser 
te
meu amor,
zugar a túa ialma
a
 a derradeira convulsión
do mundo.
Ámote
meu amor
ámote,
ente 
os 
meus 
dentes,
baixo 
as 
miñas
unllas.
Ámote!
e quero destetarte
de 
toda
materia,
e converterte
en ser luminescente,
ente 
os 
meus
dentes 
amarte
a 
a morte,
ser te…
nesta danza
cadenciosa
de tarantela
silenciosa.
Alimentarte
de te mesmo
e 
finalmente 
deixarte
exhausto
baleiro.


          Bio-bibliografía: (As Escollas electivas).
“Despois dun tempo de silencios voltei trala morte e deille ás de bolboreta á noite que me tiña engaiolados os beizos.” (14/1/1976-1/6/2007)
Nace por vez primeira no ano 1976 en Madrid. É licenciado en Economía e docente na ensinanza privada. Forma parte do espazo “A porta verde do sétimo andar”. Participa en numerosas iniciativas culturais en Galicia e Portugal. É colaborador habitual da revista ATENEA e un dos impulsores, xunto a Alfonso Láuzara e Alberte Momán, dos cadernos Q de Vian.
Tamén é un dos organizadores do Poetry Slam Vigo. Actualmente colabora no programa Banda Aparte 2.0 de Radio Allariz cunha sección que se chama “A cultura oculta”; e no portal “Letraenobras”.
Obra poética: 
Poemas do día e da noite (Na rede 2008), Memorias da cidade escura (Outrovigo.com 2009), Imaxes e palabras (Blurb.es 2010), Beiramar inverno, 2012.
Xunto a Luz Beloso: O cullarapo Croque (A Porta verde / Nova Galicia Edicións 2012). A nena á que non deixaban ser feliz, 2013, A porta verde do sétimo andar / Nova Galicia Edicións. O soño de Esther, 2014, Nova Galicia Edicións.
Obras colectivas:
As voces do pan (Entremos na Panificadora, 2009), Sétimo andar, poesía alén (Nova Galicia Edicións, 2010), Ciencia que conta (Universidade de Vigo, 2010), Pegadas (Nova Galicia Edicións, 2011), Coroa poética a Urbano Lugrís (A nave das ideas, 2011).
Traducións:
La niña a la que no dejaban ser feliz, autotradución de A nena á que non deixaban ser feliz, 2013, Nova Galicia Edicións.
El renacuajo Croque, autotradución de O cullarapo Croque, 2013, Nova Galicia Edicións.
El sueño de Esther, autotradución de O soño de Esther, 2014.
As letras máis eu, 2014, xunto a Joaquina Ramilo Rouco, Editorial Sandia Books.
Revistas:
Galicia en Madrid (ano 2000)
Atenea, nº32, nº34, nº36, nº38, nº39, nº40, nº41, nº42, nº43, nº44, 
Búsola nº5 (ano 2012)
Poética:
Alimento, Berce, Compromiso, Dor, Estímulo, Forza, Galegos, Honestidade, ialma,Jazz, Kamasutra, Lene, Mai, Nós, Ollar, Pai, Querer, Rebelión, Sociedade, Terra,Unión, Vagalume, Winchester, Xenerosidade, Yang, Zurdos.
É a poesía o alimento que dende o berce enche a miña vida.
É un vento de compromiso coa dor do noso pobo, o estímulo que guía a miña forza; esperanza para o idioma dos galegos; o camiño de honestidade e humildade que a miña ialma quixo e quere seguir.
Tamén é jazz nas noites de choiva, un baile en kamasutra de palabras que se aman de xeito lene no corpo das estrelas.
Noutras ocasións a poesía é a mai que recolle as bágoas dun tráxico Nós que poucos entenden. O ollar triste dun pai que quere rebelión nunha sociedade durmida que vive de costas á súa Terra.
Para rematar, direi que a unión dos vagalumes amosará un carreiro cheo de wínchester de xenerosidade sonora, un yang sen prexuízos que se erguerá sen medos, xunto a un yin no que os zurdos teremos un sitio.




O Facebook do autor

Blog do Autor......
http://forxadordeversos.blogspot.com.es/

Comentarios

Entradas populares