OS CALZONCILLOS VERMELLOS DO PEDRO. (MICRORELATO).

OS CALZONCILLOS VERMELLOS DO PEDRO.-
Teño un amigo que é o máximo. Educado, xeneroso, atrevido, intelixente e sobre que todo, boa xente, moi boa xente, amigo dos seus amigos, polo que está sempre disposto a deixalo todo e botarlles unha man, porque entende a amizade como un acto de solidariedade entre os homes, e gusta de exercer no cargo, un caso raro xa digo.
Para algúns é sabido aquilo de que; "Quen ten un amigo ten un tesouro", claro que tampouco esquezo o que me dicía sempre o meu pai, que en paz estea, agora que xa marchou hai anos, cada vez o recordo mais con agarimo e o comprendo, cousa que nunca antes fixen, xa vedes como é o mundo facundo .Pois si, el dicía;" fillo dos meus amigos gárdeme Deus, que dos meus inimigo me gardo Eu" .
O meu amigo, ímolo chamar Pedro, como o meu avó, por certo todo un persoeiro, non se lle ocorreu outra cousa que declararse socialista abertamente, no estoupido da guerra civil e claro pasou unha boa parte dela na cárcere e condenado a morte, menos mal que un dos seus irmáns por certo falanxista fanático dos de Queipo de Llano, golpista convencido alá na Sevilla  da Giralda e a Torre del Oro, conseguiu sacalo dela, tan pronto os regulares xunto co exercito dos mouros, os de Marrocos, nos os nosos dos Castros, tomaran a sangue e lume, capa e espada a cidade de  Málaga. Daquela os camisas azuis, seguidores de Primo de Rivera, mandaban moito, e aínda se lle temía mais pola súa crueldade e falla de escrúpulos. Aínda hoxe en Málaga, cando se quere asustar os nenos para que non saian a rúa ou fagan algo, se lle di;  estate quieto ,mira que vienen los moros. E ollo que non é racismo, sonche restos da memoria histórica do terror que sementaron dende a súa chegada; asasinatos, violencia, violacións de mulleres, raptos...
Pois Pedro nunha das súa moitas,- tenas feito de ordago a grande,- postas en escena-, as chama el, tolemias diría Eu, se non fora porque o coñezo dende anos, apareceu a outra tarde na presentación dun libro de poesía,  dun autor creado polo marketing e as editoriais pero sen talento ,un deses libros mostrario, que digo Eu, que merca a xente para deixar por sempre xamais, esquecido no ultimo están de calquera das estanterias da casa, pero que mola moito dicir que o tes, porque o escritor está de moda e ti es moi culto, e snob, e queres aparentar que entendes de todo, e estas no mundo da cultura e as artes, cando a realidade e que xa non recordas cando abriches por ultima vez un libro, descontando aquel dia que a parenta quitouche unhas fotos para subila no seu muro dunha destas estúpidas paxinas das chamadas redes sociais, un puñetero selfie, como o chaman agora, aquilo de autorretrato pasou a historia, claro, o que te prestaches presentando a túa mellor estampa, sombreiro de feltro negro, gabardina coa solapa subida e un libro éntrelas mans, sobre a mesa un pocillo de café e unha pipa, e iso que ti non fumas , pero quedou de puta madre, a composición aquela, para un cadro, unha obra de arte, mais falsa que unha moeda de cen pesos, en fin cousas que un ten de cando en vez.
A ver que se me foi a olla, e perdín o fío do que estou a contarvos. Dicía que o Pedro, presentouse ataviado cuns calzoncillos vermellos a raias, por riba do pantalón, e tan pancho, causando unha autentica conmoción, entre a concorrencia nutrida ao acto de presentación do poemario aquel, por certo que o pobre poeta acabou marchando co rabo éntrelas pernas, e mais corrido cun can de palleiro tras unha lebre no campo.
Non vos conto, a que se formou, o rebumbio  que foi a cousa, mil demos xuntos non provocan tal espanto e descosido. Os aparellos estes que agora serven para todo menos para falarmos entre nos, que chaman móbiles, digo Eu que será porque o moves cando queres facer algo con el, e sempre sae mal, sobre todo cando vas pola rúa mandando a xefa un wassapo destes, -que invento mais grande,- de que non agarde por ti para a cea que te esqueciches da hora e andas na oficina ata arriba de traballo, e mándaslle unha foto que xa tiñas preparada e feita dende hai tempo coa ringleira de papeis que ven peripintada para o caso, cando a verdade é que estas no bar da esquina, acolado na barra dende fai un par de horas e ata as cellas de birras, unha trala outra, e agora invito Eu, agora, tócame a min, deso nada que pago Eu....e así unha rolda vai e outra ven cos colegas do barrio  e cada vez a lingua mais zarrapastrosa, o peto mais baleiro, e o mundo mais amañado, grazas as túas e as dos tocalos, ocorrencias para os merdentos dos políticos que non saben mais que roubar.
O Pedro converteuse sen querer querendo, na estrela rutilante da pasarela, co seu invento dos calzóns vermellos. Os móbiles botaban fume, e os selfis; de este lado mellor, que é o meu perfil bo, eu tamén quero para subila no face, a min agora tócame a min, aparta ti que xa levas dúas fotos.....e veña, e dálle os clics dos teléfonos, e todo o mundo quería facerse unha foto con il para subila sabe deus onde, os ceos dos inmortais.
O caso foi que se montou tal, e a xente amontoada e a empurróns,e pisotóns, que pouco a pouco a cousa foi subindo de ton, e dos empurróns mais ou menos involuntarios, pasamos as palabras maiores, e dun chimpo os insultos, e de despois logo xa foron as mans dos mais valentes os que tomaron o lugar das palabras.
Total que apareceu a policía  municipal, a poñer paz, naquel desaguisado, coma sempre, porque o traballo da policía e iso, o de mediar, e non aporrear coma fan as veces a xente, sobre todo os parvos que pasaban por alí, coma quen din, dando unha volta e levan para casa de regalo uns cantos trancazos de recordo, neso Eu xa sonche experto.
O Pedro rematou a noite no calabozo declarando ante o comisario que fixo o atestado, que ia deste xeito, así vestido cos calzoncillos vermellos por riba dos pantalóns, porque era dunha marca ben coñecida, e moi caros, deses que anuncia o pelotero veciño noso  que xoga nun equipo de luvas brancas e que cando mete un gol fai buhhhhhh, e ninguén di nada de velo na caixa tonta en bolas marcando pectorais de ximnasio.
E  así seguiu a descargar a súa conciencia de argumentos; que si os poñía por debaixo da roupa gardando as súas vergoñas, dixo como  de paso, das que estou xenerosamente  dotado, daquelo que todo o mundo sabe, como el andaba  e marcando paquete, pois se vían e admiraban, así podía lucilos e disfrutar deles, que os tiña mercado nuns destes centros comerciais, onde é primavera en pleno inverno  e os seus bos euros lle custaran.
Nin poño, nin quito punto ou coma o que declarou e firmou o pasmón del. Na folla timbrada da  denuncia  por alteración da orden publica, e escándalo cuxa copia días despois puiden ver pola súa man entre risos e gargalladas a esgallo, o dicía ben claro.
O meu amigo, dende logo deu no cravo, a súa  representación  posta en escena ou "performance",-  como lles chamamos  agora na manía de coller anglicismos que ninguén entenden pero que quedan de puta madre soltos aquí e ala-,de protesta foi un éxito, e para os que o comprendemos e admiramos, quedaron claro os seus motivos e razóns  de denuncia  a hipocrisía desta sociedade, que premia a estupidez e a falla de talento, por riba do cerebro e a intelixencia, sempre que sexas famoso, teñas cartos, ou sexas guapo. Mercado puro e duro, de vender e facer negocio ata coa necidade.

Angel Utrera.  

 

Comentarios

Entradas populares