PANDEMIA.


CARTA A MIÑA NAI AUSENTE.- PANDEMIA,
Benquerida mama.
Agardo que ao recibo da presente atopedevos ben de saude ti e mais o papa.
 Nos por aqui sen novidade, coma sempre. Logo algo preocupados e atemorizados si que estamos, para quevouche enganar, se ti sempre adiviñas todo e resulta imposible te mentir.
A verdade é que o tema este do virus, que empezó como unha chirigota afastada alá nas laranxas da China, ten acadado o que xamais ninguén foi quen de imaxinar; paralizar o mundo, levar á tumba a miles de persoas e infectar e facer que enfermen millons de seres en todo o planeta, porque este pequeno asasino mata silandeiro, en silencio e sen  distinciòn de raza, cor ou clase social, xa ves ti, viaxa lixeiro de equipaxe.



 De momento o único remedio, non quero contarche que remedio atoparon os entendidos no tema porque da medo; é a prevenciòn, como din o refran mais vale prevenir que sandar, moita hixiene e o confinamento na casa, non hai mais.
Si, si o que oes, levamos mais dun mes sen poder pisar ás rúas, ben, pódese ir ao super, á farmacia, ao banco, xa sabes cousas  así, o que chaman os entendidos necesidades básicas de primeira necesidade, pero non che digo a soedade, o baleiro, o silencio das nosas rúas e cidades, os parques as igrexas, todo o mundo pechada a cal e canto nas casas.

Estado de alarma, o chaman os que mandan. A policia e o exercito en primeira linea de fogo e os sanitarios, médicos, personal de enfermeria, asistencia domiciliaria, de limpieza ou farmaceuticos como barrera de contención na loita sen cuartel contra a morte.
 As morgues desbordadas e a espera de que esto remate minimamente para incinerar ou enterrar os corpos, que nin despedirse un podemos dos nosos seres queridos, familia e amigos.

 Terrible mama.
Si me alegro por algo de que no estedes aqui con nos, é porque vos librastedes ti e papa de revivir outra vez aqueles tempos dos "mouros" entrando a saco en Malaga, aquel terror, aquel pánico transmitido de boca en boca, de que violaban as mulleres, mataban os homes e roubaban os nenos, sen dubida teria sido mortal para vos regresar a aqueles tempos transportados como nun túnel abominable de desconfianza e medo, vos que pasastedes toda a vosa vida traballando e pensando nun mundo mellor e mais xusto e cómodo para os vosos fillos e netos e ver como agora nos atopamos sumidos na confusión porque non sabemos o que vailles quedar os nosos fillos, porque esto está moi pero que moi chungo, mamá.








Xa non é tan so pensar no contaxio e a enfermidade do puñetero virus, que ríete ti do nome que lle puxeron estes que saben de nada e o controlan todo, "o Coronavirus", o Covid-19, a nai co pareu, a el e toda a súa estirpe de virus. 
O peor é a desconfianza que entrou a saco nos nosos corazóns e na sala de estar das nosas casas, xunto co wifi, a tablet e os ordenadores e videos xogos.
A xente vai polas rúas ao super con batas e mascarillas. Facemos o imposible por non tocar nada nin a ninguén, darse un bico ou unha aperta é xogar a ruleta rusa.
Case que nin falamos, permanecendo a mais dun metro uns dos outros, con desconfianza e intranquilidade manifesta.
Logo, tran pronto regresas a casa, lavas as mans compulsivamente, que ata iso tivemos que aprender con videos de youtube e na televisiòn e despois desinfectante, e aínda así persiste esa cousiña, cousa de que non me contaxiaría, ou que?. Toquei algo ou alguen infectado sen decatarme?. Tomei todas as medidas de protecciòn, ou toquei a cara ou os ollos sen prestar atenciòn, como un acto reflexo?.  
E veña a darlle voltas e a pensar, mentras enchufas a tele e os malditos tertulianos de sempre, danche a matraca con este e o outro e mal que o fixeron e o ben que eles o farían e o que habería que ter feito, e as mentiras, e as patrañas, e todo sigue aí sen que poidas desconectar ou pensar noutra cousa que non sexa esta pandemia moral e global.
Que queres que che diga?. Votoche de menos e a papa e os seus contos e chascarrillos. Nin te imaxinas o que daría por poder escoitarvos e apertarvos de novo.
Quedarme sentado en silencio ollando para ti e escoitar a tua voz, mentres me contas por enesima vez as historias aquelas da guerra, da familia, dos avos. De como ias comprar coa cartilla de racionamiento un cuartillo de aceite e un ovo, para facer o xantar. De como vos coñecestedes ti e papa, mentres ias a academia a te aprender mecanografía, porque ti o que de verdade querías era traballar e ser independiente, xa ves en que remataron os teus soños de muller moderna, sometida ó teu marido e con cinco fillos que educar e cuidar, que si os estudios, que si enfermos, que si rebeldes, que si que se yo, a vida a seguir.

Canto me gustaría abrir unha daquelas cartas que papa mandaballe ó meu fillo David, cheas de recurtes de prensa, fotos de futbolistas, contos de David o Gnomo e moitos consellos de avo, para que se portara ben, fora bo e coidara do irman e da mama, estudara moito e fora boa persoa.
 A verdade é que papa foi sempre moi agarimoso no seu papel de avo, coma Deus manda si, magoa do Alzheimer que pouco a pouco destruiu a sua mente ao deixar de traballar, trala xubilaciòn, el co único que fixo e soubo a facer foi traballar da maña a noite, para llevar cartos a familia, cando deixou de traballar non puido seguir adiante na vida e apagouse a luz da sua mente.
Pero ben sabeo ti, que che vou contar se o viviches de primeira man. Pobre papa¡.
Aqui nos, penso que toleamos. Eu non sei de onde sacamos tanto odio tanto rencor uns e outros. En vez de estarmos unidos para buscar a mellor saída posible deste labirinto atroz, estamos a insultarnos, a dividirnos en dous bandos irreconciliables e enimigos mortais, de novo as duas Españas de Machado, os azuis e os roxos, as dereitas e as esquerdas, mal imos, camiñando a tumbos e golpes. 


Din o refran que quen mal anda mal remata e nos estamos entrando nunha espiral perigosa, moita culpa a ten este bendito-maldito invento das redes sociais, que sobre todo dende o confinamiento en casa bota fume cos inventos estos dos aplausos virtuais, os bulos e mentiras mais ou menos intencionadas, que me fai recordar aquel rudimentario sistema de investigaciòn da boa xente de Estremadura, onde sabes marchei a traballar, naquel pobo das Hurdes, -meter mentira para sacar verdade-, recordas que che contaba o que facían para averiguar algo de ti, cando non che tiñan aínda ubicado?. 

Hoxe utilizamos una desas palabras que todos aceptamos e ninguen sabe porque, un extranxerismo novo; Fake new, vamos, noticias falsas que ninguen sabe de onde saen, pero que circulan impunemente facendo dano e creando odio, tanto de uns como dos outros.
Cada dia vemos, as veces xa nin nos alporizamos porque é o que ten tanta informaciòn, un queda insensible, inmunizado e incapaz de reaccionar, entre estatisticas de infectados e novos contaxios, falecidos e sandados, as tipicas tópicas bobadas en video , que facemos para subilas as redes, ou nun grupo de wassap destes nos que estamos todos,  porque xa sabes que dende que aparecieron os mobiles coas suas cámaras fotograficas, o que non se grava e colga na rede, se comparte e recibe centos de estupidos “me gusta”, non existe.
Deus, que mundo de tolos e idiotas que estamos a facer entre todos¡
Francamente mama, boto moito de menos terte o meu lado, a ti e a papa, pero son sincero se che digo que me alegro de que non esteis aqui y non pasedes polo inferno no que estamos nos, de esta tristura, esta soedade, este silencio de ver dia a dia o que está a pasar cos nosos avos, os nosos maiores nas residencias de ancianos, esas que chamamos eufemisticamente centros da terceira idade, autenticos mortuorios onde metemos e esquecemos os nosos.
Ainda resulta mais duro escoitar nos medios de comunicaciòn os nosos representantes e politicos defender a teses de que resulta un despilfarro inutil destinar recursos para protexer e prevenir o mal nestes asilos o residencias, porque o final vanse morrer porque son vellos e enfermos.
Deus non existe, cada vez o teño mais claro, porque non é posible atopar unha xustificaciòn, unha minima explicaciòn coerente a tal dislate. Canta miseria¡. Que falla de humanidade¡. Que crueldade mais ruin¡

En fin mama, non quero cansarche mais. Cuidaros moito ti, e cuida como sempre fixeches de papa. Escribeme axiña e dille a papa que me mande como sempre facía, os artigos que lia do ABC, que mais lle gustaban e recurtes e fotos de cousas, que el sabe gustanlle os rapaces que aínda que xa medraron e non cren nos Reis Magos, nin no ratoncito Perez, aínda o mellor van seguir os seus pasos no mundo da escrita e o conto, tal vez herdanza de familia, porque tiran da sua vea artistica e poetica, dos sainetes, coplillas de patio de comadre e folletines, os que papa gustaba tanto de leer e escribir.
O teu fillo que vos quere e bota de menos e mandavos unha forte, moi forte aperta e mil bicos aínda que me digan que está prohibido.
Angel.

Comentarios

Entradas populares