RODOLFO UCHA PIÑEIRO. O ARQUITECTO DO MODERNISMO FERROLAN.

RODOLFO UCHA PIÑEIRO. O ARQUITECTO DO MODERNISMO FERROLAN. A obra de Ucha inscríbese no estilo modernista, no que utiliza ás veces elementos innovadores, como poden ser as cores ou os chapiteis. Nos proxectos máis tardíos, dende os anos 30, os seus proxectos acostuman incluírse como déco.
A pesar de nacer en Vigo, Ucha logo de rematar a súa careira na Escola Técnica de Arquitectura en Madrid, acada a praza de arquitecto municipal no Concello da cidade departamental, polo que traslada a súa residencia a Ferrol, onde desenrola a súa profesión baixo o paradigma que presidiría a toda a súa vida profesional, deixando constancia nas introducións dos seus proxectos dos seus principios e argumentos cando escribe:
“Con la obra que se proyecta se mejorará el ornato público, según puede apreciarse en el plano de fachada que se acompaña” En Ferrol podemos facer un viaxe ao modernismo, do arquitecto, a través das súas edificacións: Fonda Suíza (actual Hotel Suízo), 1910. /Casa Romero, 1910./Peixería de Abastos Municipais, 1910./Edificio de "El Correo Gallego", 1912./Casa Pereira, 1912./Casa Rodríguez Fernández, 1912./Casa Brañas (rúa Real), 1913./Hotel Suízo, 1913./Hotel Ideal Room, 1917./Chalé Antón, 1918./Casino Ferrolán, 1921./Fachada do Teatro Jofre, 1921./Edificio Pita Saavedra, 1939./Edificio Calvo Formoso, 1939./Casa Bruquetas (rúa da Igrexa nº 4).
Sen dubida algunha unha viaxe sorprendente polo centro histórico da cidade, e o barrio da Magdalena, no que se mestura o racionalismo urbana,- non podemos esquecer que Ferrol, ten as súas orixes no concepto urbanístico dos ingleses e o seu racionalismo ilustrado, artífices da súa transformación de pobo mariñeiro de pescadores, a cidade moderna- co modernismo do século XX.
Transformación na que xoga un papel preponderante este mestre artista da arquitectura. Viaxe que nos vai permitir descubrir e admirar un Ferrol diferente e dende logo belísimo, no que sorprenderá ao visitante os cantóns, as balconadas de ferro forxado, as galerías de madeira branca, e cristal, e o perfecto, simétrico trazado en cadrado, xa que en Ferrol, todas as rúas parten do seu porto marítimo e rematan na remodelada praza de España., con especial parada na praza do Marques de Amboages.
Todo este casco histórico, da Magdalena foi declarado no ano 1983 Conxunto histórico artístico, en boa medida pola importancia da obra deste xenial arquitecto, que foi quen de combinar o funcional coa arte urbana, elevando a arquitectura ao nivel do mellor espíñente creativo.
Asegurovos que a viaxe paga a pena, ninguen vai quedar indiferente ante a demostraciòn de que resulta posible convinar arquitectura artistica con funcional e que facer dunha cidade algo belo é posible e necesario. Angel Utrera

Comentarios

Entradas populares