BERNARDINO GRAÑA


O vento dixome cousas
que non atopo nos libros.
Resoaba a súa voz no mundo
igual que un soño perdido.
E o mar buscaba unha aperta,
buscaba un peito ou un niño,
e non atopaba nada
senon penedos espidos.
Recordo que era Nadal
e eu bebia moito viño.
Estabamos todos xuntos,
os anxos meus, os amigos...
O vento e o mar berraban
como cans adoecidos.
E nós calados, fumando,
bebendo, mirando fixos,
por se chegaba algún dia
un forasteiro ou escrito
que nos dixese que existe
mais alá de todo un brillo,
un sol que non ten solpores,
nin vacas tristes, nin grilos.
Estabamos todos xuntos,
no meu silencio metidos,
querendo que nos chegara
algo estraño de outro signo
que nos sacara cal gando
e nos mostrar o camiño
para pacer herba nova
e choutar noutros eixidos.
(Ardentia-"Poema do home que quixo vivir.Escolma"
Bernardino GRaña, (cangas do Morrazo-Pontevedra 1932).E autor dunha ampla obra que abranxe diferentes xeneros. Suliñar; Poema do Home....Non vexo Vigo nin Cangas, Se o noso amor e os peixes, Sima-Cima do voar tolo verde, Sinfrain contro don Perfeuto,,e un longo etc. Membro da AELG, foi impulsor e pioneiro dela. ARticulista habitual, e escritor en diversas e numerosas publicaciòn, que seria moi prolixo reseñar aqui.
Foi catedratico de lingua, até a súa xubilacion no ano 1991. E un home entregado o Pais, a literatura e poesia, a xente e os amigos, leal e comprometido ca palabra, ca vida, ca cultura sen paliativos, nin aforrar esforzos.
ESTE FIN DE SEMAN ,CANGAS RENDE UNHA MERICIDA HOMENAXE A UN DOS SEUS FILLOS PREDILECTOS, AO QUE MAIS DEBE E QUERE. (Dias 28-29-30 de Septmbro).
Sen dubida os que vayades, atoparedes o cariño e a benvida desta vila mariñeira, as veces vilipendiada, mais sempre hogareña, e aberta aos forasteiros.
-A foto foi tomada en Agolada, no ano 2004, no primeiro encontro nos pendellos, ca palabra, a musica, a memoria, actos nos que Bernardino nos agasallou ca súa presencia-

Comentarios

Entradas populares